As sete marabillas de Mugardos: O Castelo da Palma

Un programa de Radio na Biblio do IES de Mugardos.

Durante o pasado Día Mundial da Radio 2024 o IES de Mugardos presentounos o seu proxecto radiofónico, achegándonos para coñecelo un programa especial para aqueles días de entroido.

Desta volta, e na súa serie “As sete marabillas de Mugardos” e na sección “Con ‘e’ de entrevista”, convídannos a escoitar esta entrevista co Patricia Casal na que podemos saber máis do famoso Castelo da Palma.