BenChoRadio fálanos de mulleres na ciencia

Emitindo desde o CEIP Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar).

Coñecemos xa o traballo cos micrófonos da emisora escolar da escola de Pereiro de Aguiar, que no pasado Día da Radio enviounos un programa sobre a experiencia con este medio de comunicación de diversas persoas do contorno da comunidade educativa.

Desta volta convidámosvos a escoitar un traballo especial que realizaron sobre importantes mulleres científicas.

Neste primeiro, alumnado de 5ºA cóntannos sobre a matemática e escritora británica Ada Lovelace.

E nesta segunda peza, alumnado de 5ºB fálanos de Annie J. Easley, informática teórica, matemática e científica espacial afroamericana.