CEIP do Foxo (A Estrada) para o Día Mundial da Radio 2024

Foxo nas Ondas para o Día da Radio!

“Un episodio guiado polo alumnado de 2º de educación primaria do CEIP do Foxo no que realizan entrevistas aos seus mestres e mestras. Pregúntanlles pola radio e e elxs ofrécenlle unha sorpresa, a canción que máis soaba o día que naceron. Participan todos os mestres e mestras do claustro do curso 2023-2024”.

“Programa feito no CEIP do Foxo sobre a Lagoa Sacra de Olives, A Estrada, enmarcado no proxecto de centro “No Foxo coidamos do noso”. As alumnas e alumnos de 4º de educación primaria entrevistaron ao alumnado de 5º e 6º para preguntarlle pola investigación que levaron a cabo sobre a lagoa. O programa recolle tamén como os nenos e nenas realizaron un día de feira para toda a comunidade educativa para mostrar as investigacións realizadas, unha lenda e un rap”.