IES do Milladoiro (Ames) para o Día Mundial da Radio 2024

Desde MillaFaladoiro para o Día da Radio!

Na procura de celebrar e preservar a rica tradición do Entroido galego, e co gallo de celebrar o día mundial da radio, o alumnado do Equipo de Dinamización Lingüística do IES do Milladoiro organizou este pasado venres, 9 de febreiro, un proxecto audiovisual cheo de paixón: un programa de radio en directo a través do que se mergullou ás persoas oíntes nunha viaxe cultural polas catro provincias galegas. O programa realizouse no salón de usos múltiples do instituto e tivo unha duración de 100 minutos. A volta das vacacións de Entroido o podcast estará dispoñible na canle da radio do IES.

Aquí tedes máis información:
https://www.concellodeames.gal/es/noticias/o-alumnado-do-ies-do-milladoiro-pon-en-valor-o-entroido-galego-cun-programa-de-radio-en

E todos os programas realizados ata o de agora no blog do MillaFaladoiro
https://millafaladoiro.blogspot.com