Nace unha nova radio: Onda Candeira!

A radio do IES Politécnico de Vigo. E para comezar o curso, xa podedes escoitar estes tres programazos.

“Lingoreteiras”: un programa realizado polo grupo de 1º ESO A, e no que dan un repaso a algunhas das linguas da Península Ibérica, de Europa e do resto do mundo. Non o perdades!! https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/system/files/Lingoreteiras%20-%20Onda%20Candeira_0.mp3

“Samaín Encantado”, un programa realizado polo Agrupamento de LG de 1º ESO A+B que mete moitoooo medo, e no que poderedes descubrir historias ben curiosas, algunhas delas situadas na noite de defuntos e os seus misterios… Non perdades este programa!!
https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/system/files/sama%C3%ADn%20encantado%20-%20onda%20candeira.mp3

“25 de novembro, nada que celebrar”, un episodio especial para esta xornada internacional contra a violencia machista, realizado por boa parte da comunidade educativa do IES Politécnico de Vigo.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/system/files/Podcast%20-%2025%20n%20-%20Nada%20que%20celebrar%20-%20Onda%20Candeira%20-_0.mp3