Ata 74 centros enviaron propostas nesta oitava edición do certame audiovisual para as aulas novamente convocado polo Concello de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF.
Mira aquí todos as pezas premiadas:
CATEGORÍA INFANTIL E PRIMARIA
CEIP Coirón-Dena de Meaño pola peza “Quero un patio novo” (1º premio)
CEIP Torre-Illa da Illa de Arousa pola peza “Conversas en lata” (2º premio)
CEIP Eduardo Pondal de Vigo pola peza “Árbores no camiño” (mellor guión)
CATEGORÍA OUTROS NIVEIS
IES Macías o Namorado de Padrón, polo traballo “Verba”
IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz polo traballo “Algo pasa en Guitiriz”
IES Santiago Basanta Silva de Vilalba pola peza “O Rumor”