Certame 2022 – Finalistas – Secundaria

———–

3

Alumna: Amaia Troncoso Monteiro

Escola: IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

Texto:

Esta é unha fotografía do rancho de reis de finais dos anos 50.

Representa unha tradición única en Galicia, típica do val do Caselas, o rancho de reis.

Antigamente, facíase nas parroquias de Salceda de Caselas e nalgunhas de Salvaterra (as que baña o río Caselas). Na actualidade, só se conserva no barrio da Feira de Salceda.

Na foto podemos ver as figuras típicas que representan o rancho de reis: os dous danzantes, cos seus característicos gorros de plumas e os seus panos cruzados e nas mans as carrañolas, que son as que marcan o ritmo; no centro da imaxe vemos a dama, a cal está toda engalanada con colares de ouro, na que se aprecia un pano na man e un bonito gorro de flores; detrás dela están as custodias, as dúas mulleres encargadas de preparar a dama e de custodiar o ouro desta.

A danza consiste no enfrontamento de dous danzantes que, repetindo os mesmos puntos, intentan conquistar a dama; esta, co seu pano, elixe a un danzante para bailar unha ribeirana ou muiñeira.

Na imaxe, o danzante da dereita é o meu avó, Antonio Troncoso.

Miña irmá mais eu seguimos a tradición familiar do noso avó e do noso pai. Dende hai meses formamos parte, como danzantes, desta singular e única danza que enriquece o patrimonio cultural de Salceda de Caselas, a cal desaparecera e, dende hai uns anos, estamos recuperando para que esta danza non se perda.

———–

5

Alumno: Francisco Correia (7ºA) Escola: Escola Básica Deu-La-Deu Martins

Uma História de Família, uma Memória para Sempre!

É apenas uma fotografia de família, contudo para mim carrega um simbolismo gigante! Representa a história da minha família, as minhas raízes! Uma história feita de Amor, de Afeto, de Comemorações!

Captada aproximadamente em 1943, na Quinta do Mosteiro, em Pias -Monção, onde vivia a família. Podemos observar os meus tataravôs, Joaquim Meirim Pedreira e Rosa Francisca Coelho, e os seus filhos, sendo que o meu bisavô, Cesário Meirim Pedreira, é o senhor de camisa branca e gravata (por trás da sua mãe), também podemos observar a capela da Quinta.

A Quinta foi comprada pelos meus tataravôs a D. Manuel Álvares Vicente (D. Manolo), de nacionalidade espanhola, que nos dias festivos vinha de avioneta visitar a família!

A minha avó conta que esta fotografia foi tirada por D. Manolo no dia de Natal, pois era habitual reunirem-se e de seguida irem todos à missa!

Dada a ligação que os meus tataravôs tinham a Espanha, era nesta altura do ano, que recebiam visitas dos seus amigos espanhóis!

A indumentária remete-nos para um dia festivo e que muito provavelmente estariam preparados para irem à missa de Natal – um ritual sagrado, uma tradição da família e também uma manifestação cultural, dado tratar-se uma prática social, um ritual festivo (PCI)!

Há muitos anos, que esta fotografia permanece na minha família e é preservada como se de um tesouro se tratasse!

Esta fotografia é para mim uma grande inspiração!

———–

11

Alumno: Manuel Esmorís Formoso

Escola: IES Fontexería

A foto foi tomada no ano 1926 nunha fábrica de bocarte. O salgado da sardiña ou outra pesca facíase no mesmo momento en que entraba na fábrica. Non podía haber demora por ningunha causa: tanto é así, que o mesmo empresario ou os seus fillos empuñaban as pas de madeira para axudar á salga. A forma de proceder no traballo material destes empresarios, coñecidos tamén co nome de fomentadores, marcaba unha diferenza notoria coa acomodada burguesía nativa, a dos señores, que presumían de non manchar as mans traballando materialmente.

Ramón de Artaza, en La Villa de Muros y su distrito, di: “A últimos do pasado século aínda funcionaban na ría de Muros vinteoito fábricas de salga e conservas, e para abastecelas existían unhas oitocentas embarcacións exclusivas para a pesca da sardiña, as fábricas daban emprego a varios miles de homes e mulleres”.

Unha análise da ría de Muros aporta datos sobre a cantidade de redes, lona, cabos sineiras ou lías e demais materiais esenciais para as pesqueiras. Os aparellos fabricados con fío de liño tiñan unha curta esperanza de vida e tíñanse que repoñer constantemente.

Para cada embarcación necesitábanse tres cabos de corenta brazas cada unha, que tamén tíñanse que repoñer polo uso diario de amarre e ancoraxe.

———–

17

Alumno: Mateo Uhía Ferreiro

Escola: IES Fontexería

Esta foto foi tomada na Praia da Rocha, na vila de Muros en 1965. Nela aparecen a miña avoa e a miña tía avoa xunto ás súas amigas durante unha xornada de marisqueo. Esta imaxe relaciónase co patrimonio cultural, pois a cría e recollida de marisco en Muros foi e segue sendo hoxe en día unha actividade típica da zona e moi asociada á nosa ría debido á calidade do marisco e á grande extensión que presenta a actividade neste territorio.

Según palabras da miña avoa esta foto tomouse un día soleado de verán cando xa estaba a rematar a xornada. Foi preto da hora do xantar e ese día fora un dos mellores que recorda con respecto á cantidade de marisco recollido. Ao final da mañan dirixíronse ao peirao de Anido, onde antigamente se vendían os diferentes productos obtidos cada día. Cando chegaron e se dispuxeron a vender o recollido sorprendéronse coa cantidade que conseguiran, de feito, permitiulles levar arredor dun quilogramo do marisco obtido a cada unha para xantar en cadanseus fogares. Cando volvían do peirao cos caldeiros a rebosar de marisco, despois dunha longa conversación decidiron comer todas xuntas na casa de miña avoa e a xornada rematou cunha gran comida de amigas.

———–

67

Aluna: Maria Clara Martins Pires (9ºA)

Escola Básica Dr. Flávio Gonçalves (Póvoa de Varzim)

Esta foto do início do século XX mostra um local emblemático da Póvoa de Varzim que infelizmente já não existe – A Casa Oceânia (Banhos Quentes). Foi propriedade do meu tetravô, Manuel Gonçalves de Castro Lopes(1850-1912), mais conhecido como “Manecas Sabido” (sentado à direita na foto). Vindo do Brasil, onde foi capitão da Marinha Mercante, logo chegou que à Póvoa, se enamorou de Maria das Dores “Rosmaninho”. Já casados fundaram, na Avenida dos Banhos, um balneário para banhos inspirado nos países desenvolvidos.

À época, a água do mar era utilizada para a cura muitos males, por isso, o empreendimento deste empresário moderno e culto foi um verdadeiro sucesso.

A expressão “ir a banhos” significava uma estadia na Póvoa para uma boa dose de banhos quentes, uma hidroterapia marítima que hoje teria o nome de Talassoterapia. Tratavam-se de banhos de “choque”, uma vez que, eram lançadas mangueiradas abundantes de água aquecida e, de um momento para o outro, sem que o cliente contasse, o funcionário do balneário começava a lançar jatos de água fria. Este contraste de temperatura, acompanhado de alguns gritinhos devido ao choque térmico inesperado, tinha a função de tratar doenças nervosas, raquitismo, tuberculose óssea e reumatismo.

Devido à sua valentia no salvamento de vários pescadores, foi condecorado pelo El-Rei D. Carlos com a Medalha de Prata de Filantropia e Generosidade.

Um século depois, este poveiro merece ser relembrado pelo seu espírito empreendedor e coragem.

———–

79

Alumna: Irene Briones Álvarez (3º ESO B)

Escola: IES Auga da Laxe (Gondomar)

A AVOA GLORIA, MODELO INVOLUNTARIA

Na foto podemos ver a miña avoa, María Gloria Isabel Meijide Rodríguez, posando en traxe de baño diante dunha Vespa 125.

O meu tío Carlos recorda que a foto foi tomada na praia de Cesantes nos anos 50, polo que a miña avoa tería uns 25 anos, aproximadamente. Parece ser que fora convidada por un amigo da familia a dar un paseo en moto e quixo retratar o momento.

Ela tiña un gusto exquisito para vestir e isto pódese apreciar no elegante traxe de baño que leva. Nos anos 50, os traxes de baño xa tiñan amplos escotes, aínda que seguían cubrindo a cadeira e remataban cun corte recto por riba das coxas. Os traxes de baño dos anos 50 eran máis coloridos que na década anterior, pero aquí a miña avoa levaba un de cor negra, ou moi escura.

Un aspecto importante da foto é que podemos deducir que o dono da moto seguramente sería unha persoa adiñeirada e moderna, porque a fábrica de Vespa se fundou en 1946, así que ter unha Vespa dez anos máis tarde en España, e en Galicia, non sería algo habitual.

Esta é unha fotografía moi apreciada na miña familia. O meu pai gárdaa con moito cariño. Sempre lle pareceu unha imaxe moi bonita da súa nai. A verdade é que a avoa Gloria está radiante nesta imaxe. Vese feliz e entusiasmada, á vez que moi natural. Como se a Vespa fose súa.

———–

86

Alumna: Maia Libertad Schenck Rodríguez (4º ESO)

Escola: IES Plurilingüe Fontexería (Muros)

A foto foi tomada na Rambla de Mar del Plata, na Arxentina, en 1943. A primeira vista podería parecer que non ten nada que ver con Galicia.

Pero as persoas que se ven na imaxe son os meus bisavós galegos, Josefa Ponte e Ángel Sánchez, coa miña avoa Susana e o seu irmán Ángel, o meu tío avó.

Miña bisavoa emigrou dende a súa aldea Boente (Melide, A Coruña) a Arxentina en 1919 e o meu bisavó dende a súa, en Verín (Ourense), en 1920. Meus bisavós coñecéronse nun hotel onde ambos estiveron aloxados cando chegaron a Arxentina, na histórica Avenida de Mayo, onde moitos galegos tíñan e aínda teñen hoteis onde se aloxaban os emigrados galegos. A dona do hotel era familia da miña bisavoa.

Nos seus primeiros anos na Arxentina, a miña avoa traballaba cosendo e bordando. E o meu bisavó traballou ao principio empaquetando pezas de tela inglesa nunha gran tenda, e despois noutra tenda que vendía sombreiros.

Casaron uns anos máis tarde en Bós Aires, onde en 1938 naceu a miña avoa e os seus irmáns, en 1937 e 1944.

Segundo a miña tía avoa Josefina Sánchez que me deu as informacións (que non está na foto porque aínda non nacera), trátase dunha foto típica do veraneo na costa atlántica arxentina, onde veraneaban moitos galegos emigrados. O mesmo paseo faise aínda hoxe, e alí hai moitas historias para contar.

———–

106

Alumna: Alejandra Samartín Pampillón (2º Bacharelato)

Escola: IES Pino Manso (O Porriño)

“A unión fai a forza”

Está é unha fotografía que demostra a importancia do traballo en común de toda a veciñanza. A data é entorno a 1955, cando se procedeu á construción do primeiro cemiterio da parroquia de Tameiga, no concello de Mos. É certo que hoxe son as institucións locais, municipais, autonómicas etc. as que se encargan da realización dos proxectos e de cubrir as necesidades que se presentan, tanto no ámbito rural como urbano. Na década dos cincuenta e sesenta, isto era moi diferente. A situación económica precaria e a falta dunha estrutura impositiva xeneralizada, facía que os veciños tivesen que asumir os traballos en común para dar resposta ás necesidades que se ían presentando e colaborar co seu traballo coa finalidade de contribuír ao ben común. Ademais unha maneira de realizar este tipo de obras era mediante as prestacións persoais que se debían facer a modo de pago de impostos. Nesta fotografía pódese ver como os homes realizaban os traballos sen ningún tipo de maquinaria, tan so coa forza das súas mans. Os únicos apeiros eran as aixadas. A necesidade e a ilusión de mellorar a situación era o que movía ás persoas. Nesta fotografía está o meu bisavó que, segundo me contan, tamén participou nesta actividade conxunta.

———–

110

Alumno: Antón Carlos Ruiz Almeida (2º Bacharelato)

Escola: IES Pino Manso (O Porriño)

“A miña avoa viaxeira”

Nesta fotografía vese a miña avoa ao volante dun coche Seat 600 coa ría de Vigo ao fondo. Foi feita nos anos sesenta. A ela sempre lle gustou moito viaxar, pero nos tempos nos que era moza había outras prioridades, ou máis ben outras necesidades. O feito de desprazarse ata Vigo xa era toda unha aventura. Primeiro por que as estradas eran moi estreitas e tiñan moitísimas curvas, de maneira que os apenas vinte quilómetros que separan O Porriño da cidade olívica debíanse facer moi lentamente. A ela sempre lle gustou o mar, e por iso Vigo representa esa nostalxia da cidade que viu medrar.

Na fotografía que está tomada desde o monte do Castro, vese ao lonxe o monte da Guía coa súa pequena capela deseñada polo afamado arquitecto Manuel Gómez Román na cima, e tamén se distingue unha cidade que nos anos sesenta comezou a experimentar un impresionante desenvolvemento urbanístico e que converteu a Vigo na gran urbe que é agora. A miña avoa está no interior deste mítico turismo que se popularizou nos anos sesenta, case o único coche que podía adquirir a clase media. Tiña dúas portas cun sistema de apertura cara atrás, algúns modelos permitían retirar o teito co que simbolizaba o pracer de sentir a velocidade aínda que a máxima era de 100km/h. Agora estes modelos son obxecto de desexo para os coleccionistas e románticos dun tempo que podemos intuír grazas ás fotografías que conservan os nosos avós e bisavós.

———–

154-1

Alumno: Héctor Castelló López (2º ESO E)

Escola: IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)

Velaquí o meu avó Antonio e outros dous falcatrueiros, un dezaoito de xullo de 1940, día de Santa Mariña e festa patronal de Xinzo de Limia, na provincia de Ourense. O meu avó mira feliz á cámara na súa atracción favorita, de entre todas as que ían de poboación en poboación durante as celebracións da época, chamada “pano de fondo”.

Para aquelas xeracións de cine moi esporádico e sen televisión, resultaba fascinante retratarse aos mandos dun cuadrimotor, en plena misión de combate, coa gorra dun afouto piloto. A falta de realismo daqueles “panos de fondo”, suplíase coa imaxinación desbordante dos raparigos e raparigas e mais o seu desexo de fuxir das penurias da posguerra.

O meu avó lembraba que aquela atracción costaba unha auténtica fortuna para o seu peto: nada menos que un “patacón”, que era unha moeda (primeiro feita de cobre e máis tarde de aluminio) que valía dez céntimos de peseta. Aquel “patacón” (asemade coñecido como “mota” ou “can”) tiña tan escaso valor, que quedou na fala dos nosos maiores aquelo de “non vale un can” ou “non dou por ela unha mota”.

As festas patronais da Santa Mariña eran a celebración social limiá por excelencia: permitían romper coa rutina, celebrar a colleita que mantería alimentadas ás familias durante o inverno, variar a vestimenta cotiá e “ir de estrea” ou, con moita sorte, namorarse e mesmo emparellarse e casarse, mentres no “Campo da Feira” de Xinzo escoitábase o son dos gaiteiros e tamborileiros.

———–
154-2

Alumno: Héctor Castelló López (2º ESO E)

Escola: IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)

Velaquí o bisavó Xulio (alcumado “Cocheiro”), na década dos cincuenta, no camiño entre Xinzo de Limia e Verín, na provincia de Ourense, transportando viño, patacas ou sementes de cereais.

Na fotografía, o meu bisavó é o que monta o cabalo de refresco (que relevaba cada pouco ao cabalo de tiro), acompañado do seu fillo Ramón e dous veciños de Xinzo, dos que a miña avoa non lembra os seus nomes, aínda que di: “Cala, ho, que heime de lembrar”. O can que sempre lles acompañaba chamábase “Turista” e foi o único que o meu bisavó trouxo consigo (ademais da súa vida) da Guerra Civil.

Despois da guerra, cubrir os trinta quilómetros que separaban Xinzo de Verín era unha auténtica aventura: sempre de noite, para evitar os controis da Garda Civil, sorteaban mandas de lobos, contrabandistas de fronteira e maquis, que eran os milicianos leais á República que combatían ás tropas de Franco, e aos que tamén se lles chamaba fuxidos, emboscados, atracadores, guerrilleiros…

O carro de meu bisavó, auténtico protagonista da fotografía, era tamén moi solicitado para acudir ás romarías de “Mouros e Cristiáns” de A Saínza, “A Santa Cruz” de Lamas, “O San Mateo” de Vilariño das Poldras e “O San Benito” de Sandiás. Dicía o meu bisavó que, cando andaba co carro pola noite, engraxaba coidadosamente os eixos para pasar desapercibido, pero cando o levaba ás romarías, cuberto de adornos florais, o carro cantaba tan ben como o do poema de Manuel María pola infinita chá da Limia.

———–

159

Alumna: Yaiza Fernández Nogueira (1º ESO A)

Escola: IES San Rosendo (Mondoñedo)

A foto foi sacada na Augaxosa. No ano 1960. A feira da Augaxosa é unha das máis antigas xunto á feira das San Lucas de Mondoñedo, feira de gando. E o neno do cabalo é un dos meus curmáns lonxanos

———–

217

Alumna: Lola Díaz Fernández (4ºESO)

Escola: IES Alexandre Bóveda

Esta fotografía é aproximadamente do ano 1963 e foi tomada nunha pequena aldea de Ourense chamada San Clodio, situada na comarca do Ribeiro. Nela aparecen a miña tía María Gloria Díaz Gómez e os meus tataravós, os pais da miña avoa por parte paterna, eles son Justo Gómez e Esperanza Muradás.

Na foto pódese observar a finalización dunha actividade moi común na comarca, chamada vendima. A vendima consiste en recoller as uvas coma alimento ou para a elaboración de viño… Normalmente a época da vendima coincide co final do verán, en Galicia, aínda que isto depende do lugar e do clima dese ano. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da lúa para decidir a data da vendima.

Na imaxe aparece un momento moi representativo, o de recoller os acios en canastros de madeira. Tamén se pode apreciar a forma de conducir a cepa con estacas. A vendima forma parte do patrimonio cultural e etnográfico dunha comunidade. Ao redor da vendima teñen lugar celebracións e festas, manifestacións culturais literarias e musicais.

———–

296

Alumna: Yolanda Liñares Barral (2ºESO B)

Escola: IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela)

Avances Médicos

Cambiou a infancia das persoas nestas últimas décadas? Con esta imaxe podemos comprobar os avances que houbo na sociedade e a medicina.

Esta é a miña tía-avoa. Cando ela naceu, tiña unha saúde estable, non había nada fóra do común.

Porén, segundo pasaba o tempo, a súa saúde deteriorábase. Tras uns meses, o virus que provocara unha enfermidade, gañou a loita. Morreu sendo unha meniña pequena, miña avoa non recorda moi ben a súa irmá xa que eran moi pequenas. Naquel tempo, a medicina non estaba tan avanzada como para loitar e defender á sociedade destas enfermidades. Moitos rapaces e rapazas morrían na súa infancia debido a ausencia de vacinas ou medicamentos.

Naquela época, era común tomarlle fotografías ós bebés falecidos.

———–

302

Alumno: Manuel Senande Priegue (1°Bac A)

Escola: IES Fontexería

Entroido nos anos corenta na parroquia de Abelleira, Muros. Nesta imaxe, tomada por un fotógrafo local diante da porta da popular taberna da época “La Villa de Mayo” podemos ver as vestimentas típicas do entroido daqueles anos. Era tradición que as mulleres levaran o pano amarrado de diante atrás e os homes do ombreiro cara á cadeira. Elas levaban flores e panos na testa e eles gorros de copa con postais e fotos adornando. Nas mans levaban pandeiretas e tocaban mentres paseaban pola aldea.

Neste caso os integrantes son masculinos cos seus característicos traxes. Os participantes son, na fila superior, meu avó, o Pitojo, e outro veciño; na inferior, meu tío Manolo, Avelino de Priegue e un amigo. Cabe destacar que eles tamén usaban traxes do servizo militar.

———–

311

Alumno: Dylan Jesús Rondon Tateo (1º ESO)

Escola: IES Plurilingüe de Ames

Esta fotografía foi tomada no Bar Arsenio, e nela podemos ver aos meus bisavós Arsenio e Julia, donos do bar, cando este levaba aberto 10 anos.

O bar estaba na Rúa travesía en 1960, era un do bares mais antigos de Santiago ata que pechou no 1998.

Miña nai todos os domingos traía licor de El Bierzo ao bar porque miña bisavoa facía licor café que era bastante vendido no bar.

Na foto obsérvanse algúns barrís de viño, o meu avó cunha xerra de viña e a miña avoa cunha xerra de licor café.

O bar preparaba comida segundo a especialidade do día, mais non sei que especialidades eran pois ninguén da familia o lembra.

———–

333

Alumno: Sergio Quesada Vidal (2º Bacharelato)

Escola: IES Plurilingüe de Ames

Esta fotografía ten de protagonista a unha xove Carmen López, a miña avoa, a irmá maior dunha familia humilde de Marrozos (Santiago de Compostela, A Coruña).

Con 18 anos Carmen quere saír do país para comenzar a traballar do que estudou grazas a unha tía que tiña que lle ensinou a coser.

O destino era Londres pero naquela época non era doado saber idiomas. Case queda sen poder entrar en Inglaterra por non saber inglés, agradece a uns amigos da familia que lle axudaron a pasar polo canal.

Relata como en Londres nevaba naquela época e o que facía era limpar o coche da familia para a que traballaba da neve invernal.

A familia para a que traballaba era unha familia moi adiñeirada e o que facía a miña avoa era axudar xunto a tres persoas máis cas tarefas da casa.

Unha das súas compañeiras chamábase Tina, era española tamén, era máis maior ca miña avoa pero ensinoulle moito da cidade.

En Londres coñeceu ao meu avó nun lugar de reunións de españois. El era de Vimianzo e despois dun ano emparellados tomaron a decisión de casar.

En Inglaterra tiveron a sua primeira casa xuntos, á miña nai e ao meu tío.

———–

367

Alumna: Carme Balsa (2º ESO)

Escola: IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela)

Data: 1956

Esta foto é do ano 1956, nela podemos apreciar ao meu avó, o que está á esquerda, xunto cos seus primos, amigos, veciños e irmáns mallando o trigo. Este proceso facíase coa finalidade de separar o gran de trigo da palla. Para facelo precisábanse moitas persoas para que o proceso non fora tan longo. Atrás, na foto, podemos observar un hórreo o cal era o único que había na aldea de meu avó. Como dato curioso, esta foto foi sacada coa primeira cámara da aldea a cal era de meu avo aínda que a foto a sacara a súa muller, miña avoa.

———–