Coñecemos RuxiRadio!

Emitindo desde o CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro, en Barbadás.

Camiño do Día Mundial da Radio 2022, ímosvos contando dalgúns novos proxectos radiofónicos escolares que estamos coñecendo estes días. Hoxe contámosvos de Ruxi Radio, un proxecto promovido no CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro, en Barbadás que se incorpora ao directorio de radios de Escolas nas Ondas.

Para que vexades como traballan, aquí temos unha das pezas recentes que gravou o alumnado. Os nenas e nenas do Ruxi Club, o Club de Lectura, visitaron a emisora e gravaron un podcast no que nos falan do libro “Ás de mosca para Anxo” de Fina Casalderrey.