Hoxe recomendámosvos o magnífico programa elaborado pola comunidade educativa deste centro viveirense.
“Falamos de libros, banda deseñada, música, series, historia e actualidade”. Entre outros, no programa Grandiosas, Tigresas Barbudas podedes encontrar unha entrevista coa escritora e activista Nee Barros. Tamén se fala sobre a creación de contidos en galego, da comunidade de Youtubeires, do galego reintegrado e da linguaxe inclusiva, violencia de xénero a partir de series etc.