O centro presenta aproveitando esta efeméride o seu proxecto “O son da Noca”, a nova radio do noso centro, que está a nacer nestes días.
Neste primeiro programa, aproveitamos tamén para falar dos obxectivos da radio e dos vindeiros programas que soarán nas nosas ondas a partir das vindeiras semanas… Por outra parte, tamén falamos doutro proxecto que está en marcha no noso centro: SomosTradición, recollidas de tradición oral feitas polo alumnado ás súas familias durante este Nadal… https://edlgalexandreboved.wixsite.com/somostradi
Ademais, neste primeiro programa do “Son da Noca” escoitaremos tamén traballos feitos polo alumnado este curso, como o rap que gravaron dous alumnos de Bacharelato e que gañou o premio do xurado do concurso de TikTok do Concello de Ames; ou como unha cantiga tradicional recollida por unha alumna á súa familia para o proxecto Somos Tradición.
[…] O Son da Noca, do IES Alexandre Bóveda (Vigo) […]