Cóntannos desde Radio Barouta que están traballando con 5 grupos cooperativos: contidos, redacción, locución, gravación e edición. E en colaboración co CPI Virxe da Cela de Monfero terán unha xornada de intercambio para facer un programa intercentros de Radio Escolar sobre tolerancia, solidariedade, igualdade e a paz que se emitirá en Radio Ames o 13 de febreiro, Día Mundial da Radio.
De momento, aproveitamos para presentarvos Radio Barouta e escoitar aquí algúns dos seus programas: