A irmandade dos “Barbudos” de Ponte Caldelas e Vilaverde, en Radio Nova

Escolas de Ponte Caldelas e Vilaverde asinan a irmandade nas ondas e descubren canto teñen en común.

O concello galego de Ponte Caldelas e o portugués de Vilaverde comparten o topónimo Barbudo nunha parte do seu territorio. De feito, durante a fusión de freguesías da década pasada, as freguesías de Barbudo e Vila Verde (sede da Cámara Municipal), uníronse pasando a chamarse Vila Verde-Barbudo. Ponte Caldelas e Vilaverde proximamente oficializarán a súa irmandade, acordada nunha xuntanza recente na sede da Cámara Municipal de Vila Verde a onde o propio alcalde de Ponte Caldelas acudiu acompañado de tres veciñas da parroquia caldelá de Barbudo.

Ao fío dese vencello toponímico, os dous concellos abriran unha estreita amizade e iniciaron hai xa máis dunha ducia de anos unha serie de contactos que agora queren estender a varios ámbitos de intercambio socioeconómico e cultural. Froito diso foi a conmemoración conxunta deste Día da Radio 2017 nun programa escolar que foi emitido en directo pola emisora local Radio Nova e que puido escoitarse aquí.

Podedes volver a escoitalo aquí mesmo:

2 COMMENTS

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here