Obradoiro no Colexio Virxe da Luz, en Portomarín

portomarin1Hoxe, tiven a sorte de facer o obradoiro con poucos rapaces e rapazas.

Iso permítenos moito máis tempo para adicar a cada tema. Estivemos un bo anaco practicando lecturas dramatizadas.

E nótase que unha vez pasado o medo inicial, os alumnos soltanse…. e anímanse a participar. Practicamente tentando esconder a vergoña nalgún lugar fora da aula. Foron quén de practicar co Audacity, e quedaron pendentes de rematar o podcast ó longo da semana.

Foron moi traballadores e curiosos, anímanse a preguntar, e iso fai ó obradoiro moito máis dinámico. Leveime algunha sorpresa, moi positiva….

Agradecerlle á Directora e ó tutor, a súa dispoñibilidade, e o seu traballo cos rapaces. Todo foron facilidades para que os nenos poidesen practicar e traballar neste taller. Lévome un bo recordo de Portomarín, e grandes amigos, aínda que pequenos en idade…

Unha aperta grande para o CEIP Virxe da Luz de Portomarín.

portomarin2

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here