Os Lectouros recíbennos para unha sesión de radio escolar!
Visitamos o CPI Fonte Díaz (Touro) para un obradoiro de radio.
Na web do centro podedes escoitar algúns dos programas que levan elaborado nesta escola no marco do programa Radio na Biblio. No blog da biblioteca, e canda a mascota Lectouriño, podedes atopar máis información sobre o que fan.