A escola San Xerome Emiliani, da Guarda, preséntanos a súa emisora escolar.
Coñecíamos o extraordinario labor que realizan no centro educativo San Xerome Emiliani, con sede na Guarda. Agora, a comunidade educativa conta cunha nova ferramenta didáctica, OndaSanxe. No blog da biblioteca ‘Máis ca libros’, onde tamén podedes coñecer a súa mascota Mouchiña, podedes saber máis do proxecto. Ademais, aquí nos achegan unha peza de presentación!