Participantes con podcast


Nº 61
Nome: Rafaela Gomes Teles
Escola: Escola Básica e Secundária de Sobreira. Portugal

Texto: Esta foto mostra um grupo de alunos na Escola Primária de Casconha, em 1963. A minha avó materna é a menina que está a dançar na frente, descalça e com tranças. Os alunos estão no recreio da escola. Naquela altura, era normal passar o tempo desta forma: as meninas faziam uma roda e dançavam. Atualmente, só se veem dançar assim os grupos de ranchos folclóricos. Nesta escola, havia um muro que separava o recreio – os rapazes ficavam de um lado e as raparigas do outro. Por isso, conforme se vê na foto, os meninos estão a assistir, porque eles não podiam passar do muro. A minha avó tinha nove anos. Hoje, à semelhança de outras escolas primárias, que foram substituídas pelos centros escolares, esta escola está fechada. Porém, eu costumo ir ate lá de bicicleta, porque gosto de ver a antiga escola primária dos meus pais e da minha avó.

Rafaela elaborou tamén este video-podcast:
https://drive.google.com/file/d/1D44JyZe9d_KTZ1s062Ldc4I-iXKTSaNg/view?usp=drive_web

———————————–


Nº100
Nome: Vera Agulla Gago
Escola: CEIP da Torre Cela
Texto: O Gaiteiro de Ardán Na imaxe podemos ver ao tataravó de Vera Agulla, o gaiteiro de Ardán.
Vera elaborou este podcast para que coñezamos máis sobre el:
go.ivoox.com/rf/70894171

———————————–


Nº101
Nome: Daniela Otero Docampo
Escola: CEIP da Torre Cela
Texto: O pesqueiro Peralta
Daniela elaborou este podcast para explicarnos a fotografía:
go.ivoox.com/rf/70895064

———————————–


Nº102
Nome: Daniela Otero Docampo
Escola: CEIP da Torre Cela
Texto: O pesqueiro Peralta
Daniela elaborou este podcast para explicarnos a fotografía:
go.ivoox.com/rf/70895064

———————————–


Nº103
Nome: Mauro Vidal Agulla
Escola: CEIP da Torre Cela
Texto: Un grupo de baile de Cela
Mauro elaborou este podcast para explicarnos a fotografía:
go.ivoox.com/rf/70894770

———————————–


Nº104
Nome: Xabi Martínez Pena
Escola: CEIP da Torre Cela
Texto: Un día de festa
Xabi elaborou este podcast para explicarnos a fotografía:
go.ivoox.com/rf/70894599

———————————–

Nº107
Nome: Yago Varela Gutiérrez
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)
Texto: Esta foto realizouse antes do ano 1937. Seino de seguro, porque está o meu bisavó, e el morreu tres meses antes de que nacera a miña avoa Manola, en 1937. O lugar é Nantón, pertence ao concello de Cabana de Bergantiños, na provincia de A Coruña. Na fotografía aparecen o meu bisavó José Alcaraz, agarrado ao seu inseparable can, a miña bisavoa Mercedes, a miña tataravoa (cun pano na cabeza), dúas irmáns do meu bisavó e varios obreiros do serradoiro. Curiosamente a foto fíxose co motivo dunha das visitas da tataravoa e das tías a Galicia, xa que vivían en Valencia. O meu bisavó era patrón de barco e naceu en Valencia. Viaxaba a Galicia habitualmente para cargar madeira no porto de Corme. Dado que esta zona era rica nesta materia prima, decidiu montar unha fábrica de madeira na zona. Aquí casouse coa miña bisavoa Mercedes, que era natural de Bormoio (Coristanco) e tiveron 4 fillos. Naqueles tempos as condicións de traballo non sempre eran as mellores, pero os descendentes dos seus obreiros recordan oir desde sempre nas súas casas que o señor José era un bo patrón, que sempre respectaba os seus dereitos, e non había Nadal no que non recibisen un bo aguinaldo. Era moi amigo de Salvador de Madariaga, diplomático e escritor español, ministro na Segunda República. Grazas a súa amizade conseguiu que se construira a estrada que vai dende Nantón ao Bosque, que era onde se situaba o concello de Cabana, naquela época.
Yago tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/70997660

———————————–

Nº108
Nome: Inés Vilariño Lema
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)
Texto: Esta foto foi retratada por un pintor ao que lle gustaban moito os ovos fritos e vira un momento perfecto para colocar a miña nai no carro do tractor e sacarlla. O condutor e meu avó, que se dedicaba a transportar madeira e arar campos próximos. Foi o terceiro tractor que chegou ao pobo, por aquel entón unha máquina moi actual que comezaba a ocupar o lugar das vacas, xa que era moito máis rápido e cómodo. Este tractor aínda segue funcionando e aínda que lle fixeran falta unhas cantas capas de pintura, pasea moitas veces por diante da casa de meus avós.
Inés tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/71000771

———————————–


Nº109
Nome: Inés Vilariño Lema
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)

Texto: Nesta foto (1961) aparece a miña avoa, a da esquerda, xunto a súa prima mentres unha vaca está pastando. As pequenas da casa eran normalmente as encargadas deste traballo, acostumadas dende pequenas a que ir ao prado fora a súa maior diversión. Mentres se alimentaban, pasaban o tempo cantando muiñeiras, bailando e contándose numerosas historias. As poucas vacas que tiñan eran a prioridade da casa, xa que lles permitía alimentarse e traballar as terras; unicamente podían desfrutar da escola aquelas mañás chuviosas onde o pastar fóra fose moi complicado. É curioso, nós alegrándonos de cando hai uns raios de sol e elas desexando que chovese para descansar da rutina e poder aprender novas cousas!
Inés tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/70999986

———————————–


Nº110
Nome: Inés Vilariño Lema
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)

Texto: Esta foto foi sacada polo retratista que pasaba por todas as festas, escollendo as mellores escenas e capturándoas. Miña avoa, unha das que leva o santo, gustáballe moito coleccionar as fotos e por unhas poucas pesetas compráballe varias na festa do seu pobo, a Milagrosa de Lamas, moi famosa por aquel entón. Vestían todos os seus mellores traxes, posiblemente os únicos que compraban en todo o verán e que durarían para todas as festas próximas do lugar.
Inés tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/70999013

———————————–


Nº111
Nome: Noa Conde Fuentes
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)
Texto: Estas fotografías son dos anos 60. Podemos observar que as rapazas e os rapaces atópanse nunha escola polo mapa que aparece detrás, coa roupa característica desa época, localizada na parroquia de Traba de Laxe. Estas fotografías foron enviadas ao meu avó nos anos 60 porque esas rapazas e rapaces eran sobriños, e tamén porque el atopábase nese momento traballando en Venezuela, nunha fábrica de fabricación de papel. Na primeira foto, a rapaza que se encontra a dereita e a máis maior e chámase Carme e a da esquerda e a máis pequeña que se chama María e son primas da miña avoa de Baio. Na foto dos nenos, o da esquerda chámase Xosé, o do medio chámase Manolo e o da dereita chámase Xesús.
Noa tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/71134231

———————————–


Nº112
Nome: Noa Conde Fuentes
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)
Texto: Esta fotografía é de principios dos anos 60. Foi sacada no interior dunha fábrica de papel en Venezuela, onde meu avó traballaba. O home da esquerda é meu avó de Baio e o da dereita é un compañeiro do meu avó que traballaban xuntos nesa fábrica. Nesa fábrica é onde se facía a fabricación de papel de Venezuela nesa época. Por último meu avó e miña avoa de Baio retornaron a España a mediados de 1974 cunha filla de tan só dous anos de edad, que se corresponde coa miña nai.
Noa tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/71136071

———————————–


Nº113
Nome: Alejandra Sambade Souto
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)
Texto: Esta imaxe corresponde ao ano 1923. É unha fotografía de estudo na que se ve a Aurelio, un soldado que militaba en Melilla, co correspondente uniforme de gala composto por: un pantalón abombado ata os xeonllos o cal remata suxeito á sola do zapato, unha camisa cun cinto de coiro cunha imaxen de dous símbolos grabada en vermello e un sombreiro. Co brazo dereito apóiase sobre un moble bastante peculiar decorado no alto por unha planta. Este é o pai de miña avoa, un galego que, como moitos dos nosos avos e bisavós, emigrou a Arxentina a formar un fogar.
Alejandra tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/71001950

———————————–


Nº114
Nome: Alejandra Sambade Souto
Escola: IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas)
Texto: Cidade de Berna, lugar de traballo da miña avoa emigrada. Esta imaxen foi sacada por unha das compañeiras de miña avoa Isabel, a cal aparece xunto ao resto de traballadoras elaborando as máquinas de transfusión do sangue na Cruz Vermella. A miña imaxe reflicte a necesidade económica da época que levaba a que ambas cabezas de familia se viran obrigadas a encontrar un emprego para soster as súas familias.
Alejandra tamén realizou un podcast relacionado que se pode escoitar aquí:
go.ivoox.com/rf/71002136

———————————–


Nº187
Nome: Nayara Campo Rego
Escola: IES San Rosendo de Mondoñedo
Texto: Esta foto foi tomada 13 de xuño do 1969 na antiga parroquia de Lindín, Mondoñedo, cando se estaba a celebrar a festa do San Antonio, propia do lugar. Nela aparecen a miña avoa, bisavoa e algúns veciños xunto co seu gando, xa que nesta celebración a xente ía bendicilo para ter boa sorte durante todo o ano cos partos, produción… Antigamente, nas aldeas era imprescindible o traballo de campo para sobrevivir, dependían del para todo, por exemplo, o falecemento dunha vaca podía variar a vida dunha familia . Agora é bastante desprezado pero segue a ser un medio de sustento para moitas familias e un servizo primario vital na sociedade. Os gandeiros teñen problemas para manter o seu labor e sobre todo non teñen moitas axudas para continuar, pero eles non se dan por vencido. Por todo iso é polo que nós debemos que loitar con eles e impedir a súa desaparición, porque se non, si que íamos ter problemas dos que agora mesmo non nos decatamos.
Inclúe podcast:
https://www.ivoox.com/podcast-foto-n-187-certame-2021-imaxes-do-audios-mp3_rf_72861551_1.html

———————————–


Nº472
Nome: Hugo Fernández Martínez
Escola: CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu)
Texto: 1969. A escola hai 50 anos. Avoa paterna Carmen, e tía Pota. • A avoa está nun colexio de Bueu, nunha escola de nenas na zona da antiga Falanxe. • É unha foto de grupo de compañeiras do colexio. • A avoa Carmen tiña 10 anos, nesta fotografía. • Daquela, os nenos estaban nunha clase e os nenos noutra. • Usaban uniforme.
Inclúe podcast:
https://www.ivoox.com/hugo-fernandez-martinez-imaxes-do-patrimonio-audios-mp3_rf_72296104_1.html

———————————–


Nº473
Nome: Hugo Fernández Martínez
Escola: CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu)
Texto: 1969. A avoa na escola. Avoa paterna. • A avoa está nun colexio de Bueu, nunha escola de nenas na zona da antiga Falanxe. • É unha foto de grupo de compañeiras do colexio. • A avoa Carmen tiña 10 anos, nesta fotografía. • Daquela, os nenos estaban nunha clase e os nenos noutra. • Usaban uniforme.
Inclúe podcast:
https://www.ivoox.com/hugo-fernandez-martinez-imaxes-do-patrimonio-audios-mp3_rf_72296104_1.html

———————————–


Nº481
Nome: Leire Fernández Riveiro
Escola: CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu)
Texto: 1966. Pescantinas na Lonxa de Marín. Mulleres das Pedreiras. • As mulleres traballaban na lonxa de Marín, de noite, limpando o peixe e preparando caixas con xeo para enviar a outras provincias. • Tamén traballaban para un armador de varios barcos diferentes. • Cando as rapazas acababan o colexio, aos 14-15 anos e non querían estudar máis, traballaban de pescantinas na lonxa para gañar cartos. Inclúe podcast:
https://www.ivoox.com/leire-fernandez-riveiro-imaxes-do-patrimonio-audios-mp3_rf_72267456_1.html

———————————–


Nº483
Nome: Mateo Parada Otero
Escola: CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu)
Texto: 1968. Procesión nun día de festa, Ardán. Tío da nai. • A foto está tomada na igrexa de Ardán. • Está levando unha santa nunha procesión, nun día de festa. • Apréciase como cambiou moito o estilo da roupa.
Inclúe podcast:
https://www.ivoox.com/mateo-parada-otero-imaxes-do-patrimonio-audios-mp3_rf_72296321_1.html

———————————–


Nº486
Nome: Roi Davila Acuña
Escola: CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu)
Texto: 1950. Veciños de Cela nunha excursión a Santiago de Compostela. Bisavós por parte de nai, Camilo e Mercedes, tataravoa Isolina (nai Camilo), párroco D. José. • Excursión organizada polo párroco nun ano Xacobeo. • A tataravoa e os bisavós xa morreron, tamén a maior parte da xente que aparece na fotografía. • Copia recuperada hai 30 anos nunha festa de Cela (expo fotos antigas).
Inclúe podcast:
https://www.ivoox.com/roi-davila-acuna-imaxes-do-patrimonio-audios-mp3_rf_72266384_1.html

———————————–


Nº487
Nome: Uxía Guimeráns López
Escola: CEIP Plurilingüe da Torre Cela (Bueu)
Texto: 1955. Presentación do maio en Marín. • Os maios son unha festa tradicional que celebra a chegada de primavera, na que se fan coplas con moito humor, arredor de esculturas con formas variadas, feitas con elementos naturais. • Na fotografía hai moita xente de Marín. • A foto foi tomada fronte á Escola Naval de Marín.
Inclúe podcast:
https://www.ivoox.com/uxia-guimerans-lopez-imaxes-do-patrimonio-audios-mp3_rf_72281430_1.html

———————————–


Nº490
Alumnado: aula de 6º de Primaria
Escola: CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea)
No marco do traballo do Prácticum II do Grao de Mestra de Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela coa mestra Ana Pedrouzo, o alumnado de 6º desenvolveu un proxecto no eido da Educación Patrimonial e traballou a partir da idea “Patrimonios en conflito” que tivo como consecuencia a creación de vínculos patrimoniais con elementos da contorna e a súa intervención social.
Inclúe o vídeo Oseira 1909:
www.youtube.com/watch?v=A1D8d4fQ7mI
Inclúe o podcast Oseira 1909:
www.ivoox.com/oseira-1909-audios-mp3_rf_68974319_1.html

———————————–


Nº491
Nome: Vitor Diegues
Escola: Escola Básica e Secundária Vale do Tamel (Barcelos)
Texto: Neste podcast “O Repórter da História” apresentamos uma das narrativas mais conhecidas de Barcelos, desta região do Minho de Portugal e que tem a ver com a Lenda do Senhor do Galo ou Lenda do Galo de Barcelos, uma história com forte ligação à Galiza e particularmente a Santiago de Compostela. Este podcast foi desenvolvido pelo professor Vitor Diegues, coordenador do projecto Rádio Vale do Tamel – WebRádio Educativa que desde o ano de 2009 tem sido o dinamizador da rádio escolar, sendo um projeto pioneiro de rádio em novos ambientes de aprendizagem em Portugal e reconhecido pelo Ministério da Educação. A fotografia que documenta este podcast “O Repórter da História” é o Padrão do Senhor do Galo e é de 1967.
Podcast:
https://www.ivoox.com/podcast-foto-n-491-certame-2021-imaxes-do-audios-mp3_rf_72862441_1.html