Un programa elaborado polo CEIP Plurilingüe de Louro (Muros).
No marco do proxecto de Polos Creativos “Petrotéxtiles”, alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Louro elaborou esta serie de contidos radiofónicos durante o curso 2022/2023.
Ademais do alumnado de 4º, 5º e 6º, participan:
– Manela e Divi, costureiras da Agrupación Ximiela
– @pacoboluda.growia, ilustrador arqueolóxico
– @paolaguimeransanchez, especialista en e-téxtiles
– María, guía do Concello de Muros
– Javi, María e Silvia, profes do CEIP de Louro.