Ponte nas Ondas! convida as escolas a sumarse á celebración do Día Mundial da Radio

Como facer un podcast? – Guía rápida – Preme aquí para descarga

NOVO MUNDO, NOVA RADIO, esta é proposta feita pola UNESCO para esta X celebración do DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021.

O mundo muda e a radio tamén. A radio gañou unha nova vitalidade en Internet e nas redes sociais. Novos soportes, como os podcasts, están a modificar as formas do medio radiofónico. Coa publicación de Na ponte, inventamos o “radio-visual”. A radio escolar tamén se adapta a estes novos formatos e Ponte…nas ondas! promove a participación do alumnado no medio radiofónico, vencellado ao patrimonio cultural galegoportugués.

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

• Realización de programas de radio de diversos formatos e xéneros.
• Realización de podcasts con referencias ao mundo da radio.
• Audios de alumnado imitando formatos radiofónicos.
• Programas de radio desde algunhas das materias do currículo.
• Radio-visual ( a radio con imaxes desde a casa, desde a escola, desde a rúa…).
• A radio no contexto da pandemia do COVID19.

NO DÍA MUNDIAL DA RADIO – 13 febreiro

• Emisión no portal ESCOLAS NAS ONDAS ( www.escolasnasondas.com )

Envíos antes do 13 de febreiro a : web@escolasnasondas.comondas@pontenasondas.org

Preséntasnos a radio do teu centro?

Outra forma de participar é presentarnos a radio da túa escola: Como se chama? Onde está? Que fai? Que medios ten? Envíanos a túa saúda para o Día Mundial da Radio!

Obradoiros de radio

* Seguimos realizando obradoiros de radio adaptados a todos os niveis e respectando o protocolo COVID19.

Preme aquí para descargar o cartel