Proxecto ‘Coñecemos o mar’

Entrevistas do alumnado de 6º do CEIP de Curtis.

Durante o segundo e terceiro trimestre pasados, o alumnado de 6º do CEIP de Curtis traballou o proxecto “Coñecemos o mar” a través dos xornais. Unha das actividades que se desenvolveu na aula foi a realización dunha entrevista a unha persoa que realizase unha labor no mar ou que levase a cabo calquera actividade de ocio neste. Podía elaborarse por escrito (expostas nos proxectos a final de curso) ou en vídeo. Esta última opción foi escollida por algúns alumnos.

Na canle de Youtube Biblio Curtis acaban de subir estas interesantes pezas:

Pablo Sánchez entrevista a un mariñeiro e percebeiro de Camariñas

Kevin entrevista a un pescador afeccionado de Curtis

Nuno entrevista a súa avoa mariscadora

Germán entrevista a súa madriña, bióloga

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here