Desde Muxía chega a boa nova do lanzamento dunha emisora escolar.
Emitindo para as ondas internáuticas, desde Muxía o profesor Xurxo Fernández avísanos que xa podemos escoitar os traballos radiofónicos do alumnado do IES Ramón Caamaño, con catro pezas dispoñibles xa ata mediados de novembro.
No primeiro deles Xeila, Andrea, Shamira, Irea, Iria e Paula, alumnas de 4º da ESO, preséntannos o proxecto dando por inaugurada a Radio Buserana!
E xa logo temos a sección O Son da Barca, o podcast musical do centro, cun programa onde Adrián Furelos, alumno de música de 4º da ESO, fainos un breve repaso pola historia do Jazz con algunhas das obras máis características do xénero. Na segunda entrega do Son da Barca, é Iker Quintáns, alumno de música de 4º da ESO, quen fai nesta ocasión un breve repaso pola historia do hip hop. E por último, Iker Alvarellos, tamén alumno de música de 4º, fainos un breve repaso pola historia do trap.
Todo dispoñible a un clic na bitácora da emisora: http://radiobuserana.wordpress.com