Viaxamos esta semana deica a comarca da Paradanta, na provincia de Pontevedra, ao concello de Crecente, para coñecer a vizosa actividade audiovisual no CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente, a máis recente incorporación ao mapa de radioescolas e tvescolas de Escolas nas Ondas.
Desde aló, o docente Carlos Campos cóntanos que, recentemente incorporados tamén ao proxecto “A Radio na Biblio”, o CEIP Manuel Sieiro leva xa traballando uns cantos anos nos seus proxectos de radio (Radio Sieiro), e tele (As Ondas do Miño tv).
Aquí podedes escoitar, e tamén ver a emisión en vivo, do segundo programa deste curso, no que o alumnado nos conta sobre as abellas:
Podedes ver toda a información na bitácora As Ondas do Miño Comunicacións
Aquí o seu espazo no Youtube: Ollos do Miño