Radio Todiño: “A poesía é pura vida”

Chéganos esta alfaia radiofónica elaborada polo alumnado do CEIP Plurilingüe O Grupo, en Ribeira.

“A vida é o feito de estar vivo, de existir. A vida é o tempo que vai desde o nacemento ata a morte dun ser vivo… A poesía é pura vida”. Inclúe unha peza musical gravada polo propio alumnado. Non a perdades!

Radio Todiño iniciou andaina nas ondas de internet desde o CEIP Plurilingüe O Grupo, en Ribeira, en abril de 2019, coa emisión do programa “Un día con Rosalía”, Radio Todiño fixo a súa estrea nas ondas de internet desde o CEIP Plurilingüe O Grupo, en Ribeira.