Xoves, mañá soleada, e con moito ánimo diríxome ó Otero Pedraio en Vigo.
Esta maña tocábame compartir con rapaces e rapazas de 5º. Eran 21. Moitos rapaces moi inquedos por aprender… e si, aprenderon e pasaronno ben.
Polo menos iso é o que me dixeron ao rematar. Penso que quedaban con gañas de máis…. Supoño que ó longo do trimestre, terán ocasión de rematar o seu podcast e de crear novos.
Aínda que había un pouco de vergoña, á hora de interpretar os textos…. Despois todos querían participar e repetir….
Ata tivemos a sorte de que unha profe, Sara, se animase a gravar un párrafo no podcast do cole… O importante é que se deron conta do difícil que era, e o doado que pode chegar a ser, só practicando… Ben, paseino moi ben no cole Otero Pedraio, agardo con moito entusiasmo escoitar algún dos podcast que, prometeron, faran e subirán ó portal de Ponte nas Ondas….
Un pracer traballar no CEIP OTERO PEDRAYO en VIGO.