
Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado, que agradecemos de antemán.
Inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.
PARTICIPA AQUÍ NA SÉTIMA EDICIÓN:
*Debido ás peticións dalgúns centros educativos, o prazo amplíase deica final do mes de xuño. O novo prazo de recepción rematará o 30 de xuño de 2024.
ENVÍADE AS VOSAS IMAXES, TEXTOS e LIGAZÓNS A TRAVÉS DE WETRANSFER, DROPBOX, ETC, AO CORREO ELECTRÓNICO certame@escolasnasondas.com
Lembrade indicar nome, escola e teléfono de contacto.
Preme aquí para descargar as bases completas (.pdf)
Preme aquí para descargar as bases completas (.jpg)
Queres revisar o arquivo das edicións anteriores? Mira aquí!
