Contacta

Escolas nas Ondas é un punto de encontro para as radios escolares e os vídeos realizados polas escolas de Galicia e Portugal e os países da área galego-portuguesa

Escolas nas Ondas é un proxecto que a Asociación Ponte…nas ondas! estrea o luns 13 de febreiro, Día Mundial da Radio de 2017.

Esta canle acollerá e difundirá as producións das radios escolares e os vídeos realizados polas escolas de Galicia e Portugal e os países da área galego-portuguesa. Ademais, neste espazo web divulgaranse os podcasts creados polo alumnado e fomentarase o intercambio de experiencias entre os centros educativos dos diferentes países da lusofonía.

Axudámosche a crear a túa radio escolar?
Ponte…nas ondas! está a realizar obradoiros de iniciación á radio escolar polos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal, coa colaboración da Consellería de Educación e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Máis dun milleiro de alumnos xa están a recibir formación na elaboración de programas de radio e de podcasts. Estas escolas crearán a súa propia radio escolar e terán difusión a través do portal web Escolas nas ondas. Un dos obxectivos dos obradoiros é o de incentivar o uso da radio e dos podcasts como unha ferramenta educativa para desenvolver a competencia comunicativa e mellorar a expresión oral.

Se queres unirte á rede de Escolas nas Ondas, ponte en contacto con nós!