Radio Cruceiro para o Día da Radio!
Estes 3 programas son parte do Proxecto de aula ‘Bibliotecas para un mundo mellor’, que se desenvolve baixo o Proxecto deste curso a nivel de centro ‘Viaxando polo mundo’.
Neste podcast fan unha exposición da primeira biblioteca á que viaxan, “My tree house” en Singapur.
O alumnado de 3º de primaria viaxa a África, concretamente á Biblioteca Muyinga de Burundi, co seu proxecto de aula: “Bibliotecas para un mundo mellor”
A súa viaxe continúa e nesta ocasión, o alumnado de 3º de primaria viaxa a Exipto, onde visitan a Biblioteca de Alexandría.