
1
Nome: Nerea Rodríguez Otero
Escola: IES ALEXANDRE BÓVEDA
Texto:
Esta imaxe está tomada no camiño que pasa diante da entrada principal da Igrexa de Santo André de Valadares, Vigo, diante da finca do abade vello. O autor é un fotógrafo ambulante e data aproximadamente do ano 1964. Os protagonistas da imaxe son a miña avoa Amparo, que naquel momento contaba uns 15 anos, e os seus pais Delfín e Ángela, que non chegaban aos 50.
A fotografía debeu ser tomada de volta a casa á hora do xantar, (pola dirección do carro dos bois e pola sombra da imaxe). Viñan de facer labores agrícolas, probablemente levaran pola mañá cedo un carro de esterco, pois o carro leva as baldeiras postas e está baleiro. Debaixo del pódese apreciar como colga a cadea, que era utilizada como freo cando o carro ía cargado por camiños con forte pendente. A casa dos meus bisavós está situada na ladeira do Monte Alba, e tiñan terreos de cultivo ao carón do río (Regheiro do Forno).
Esa parella de bois representaba a base da economía da familia, labraba a terra, gradaba, tiraba da sementadora, voltaba coa colleita (patacas, millo...) e co pasto, traia a leña do monte e o toxo, axudaba a quentar a casa e o seu esterco alimentaba as terras. Miña avoa viña facendo estes labores xa tempo atrás en lugar de ir á escola. Foi a única dos seus cinco irmáns que tivo que deixar os estudos tras só tres meses de escolaridade, para axudar aos país, pois as necesidades eran moitas.

2
Nome: María López Gabián
Escola: IES ALEXANDRE BÓVEDA
Texto:
Traballo en comunidade.-
Esta foto, datada no ano 1969, foi tomada en Vilar, unha pequena aldea do concello de Avión, na provincia de Ourense.
Nela podemos apreciar a varios homes, e algunha muller, reunidos para arranxar o camiño principal que atravesaba a aldea, así como tamén un vello muro que formaba parte da zona comunitaria. No centro da fotografía, en primeira fila pódese ver ó meu avó.
Naquel entón estas tarefas non as facía o Concello nin ningunha outra institución, senón que era cousa dos propios habitantes do lugar, polo que toda a comunidade tiña que participar. Segundo me contou a miña avoa, para realizar estas actividades cumpría un home de cada casa da aldea, e no caso de non haber homes na familia, era a muller a que participaba.
O traballo era todo feito a man, só usaban ferramentas básicas como un pico, unha eixada ou mesmo barras de ferro. Non era un traballo especializado, senón que cada quen aportaba o que sabía facer.
Adoitábase descansar a media xornada, para botar un cigarro ou beber un pouco de viño con pan e chourizos.
Contaban que era un traballo bastante duro, pero realizábase nun ambiente alegre e de amizade polo que se facía máis livián. Este tipo de traballos axudaba a unir os veciños e a crear lazos afectivos entre eles, a diferenza de hoxe en día no que prima o individualismo.

3
Nome: María López Gabián
Escola: IES ALEXANDRE BÓVEDA
Texto:
Día de colleita.-
Esta foto foi tomada nun día de verán de 1967, na pequena aldea de Vilar, situada no concello de Avión, provincia de Ourense.
Na imaxe pódese ver o día da colleita do millo, a “esfolla” da espiga e a construción da meda.
Obsérvase como a xente do fondo realiza a colleita, que é cortar os pés do millo e separar a espiga da palla meténdoa en cestos e sacos. Esas espigas eran logo carrexadas até os canastros, onde se secaban e gardaban. Coa palla resultante, outro grupo de persoas, como se ven no primeiro plano da fotografía, construía a meda, que era unha morea de monllos de palla distribuídas arredor dun pau que se facía na veiga despois de coller o millo e que servía para alimentar o gando durante o inverno.
Este tipo de traballo era realizado por todos os membros da familia, tanto nenos coma vellos, mulleres e homes. Ás veces, os veciños axudábanse uns aos outros, o que creaba fortes lazos entre todos os membros da aldea.

4
Nome: Laura Bárcena Varela
Escola: IES ALEXANDRE BÓVEDA
Texto: O ANTIGO PRÍNCIPE
Esta foto foi sacada na Rúa do Príncipe sesenta e catro anos atrás. Nela atopanse miña avoa xunto coa súa irmá e seu pai, meu bisavó.
Á esquerda da foto antiguamente había un cárcere, onde os presos, mediante unha corda, sacaban uns botes para que cando a xente pasara lles botasen diñeiro. Actualmente, onde estaba p cárcere, é agora o Museo do Marco.
Tamén, onde na foto está Almacenes el Príncipe, diante había un fotógrafo moi bo chamado Mari Quinteiro e un pouco máis adiante atopábase unha pastelería moi famosa, chamada As tres luces, onde a xente ía mercar calquera tipo de doces. Actualmente é a tenda de Mango.
Nesta rúa, ao final, había un repartidor de xornais, coñecido como Castrito, recoñecido por facer ´´malabares´´ cos xornais no seu dedo índice.

5
Nome: Íñigo De Torres Riveiro
Escola: IES ALEXANDRE BÓVEDA
Texto:
Esta foto é de 1961 concretamente do 7 de Abril. A localización da foto é nun parque natural que hai en Vitoria-Gasteiz, no País Vasco.Na foto saen meu pai que é o bebé, que tiña un ano, e o meu avó que é o que está xogando con el e có can. A que está de fondo sentada nunha cadeira é a miña avoa.Isto é no País Vasco xa que o meu pai é de alí e veuse para Galicia cando era maior. Esta foto defineunha gran parte da infancia do meu pai xa que meu avó foi montañeiro polo que ían moito á montaña de pequenos.O can da foto chamábase Argos e foi moi importante para el xa que os acompañaba sempre lles acompañaba a todas as viaxes 130. Tamén é un lugar moi importante para é xa que nese parque natural, a 15 minutos, tiñan unha casa na montaña para ir cando eran verano polo que pasáronse moitos momentos bonitos con toda a familia.Unha boa anécdota con esa foto era que xusto ese día era o aniversario da miña avoa, polo que foron alí para celebralo. Tamén meu pai contoume que ese can o había encontrado meu avó nese mesmo parque natural tres anos atrás que é unha boa casualidade.Isto é todo o que se sobre esta foto xa que meu pai era moi pequeno e non se acorda de nada máis importante.

6
Nome: Ana Romero Rodríguez
Escola: I.E.S Terra de Turonio
Texto:
Esta foto foi feita en San Cibrán, arredor do ano 1964. As dúas mulleres, que están vestidas de negro, é por causa do falecemento dos maridos, e a nena que está máis adiante son a miña bisavoa, a miña tía avoa e a miña tátara voa, a os lados están, as miñas tías bisavoas, e os homes que están ao fondo, son tíos bisavós. Toda a miña familia están ao redor de dous bois, que tiran dun carro donde levan cousas para traballar as terras, e traer para casa algunhas alimentos recollidos. A foto representa o día a día no rural. Fainos ver que no campo, non só traballaban os homes, se non que as mulleres, non só levaban as tarefas das casas, que tamén axudaban no campo.

7
Nome: Ana Romero Rodríguez
Escola: I.E.S Terra de Turonio
Texto:
Esta foto foi feita en San Cibrán, arredor do ano 1960, nela aparece miña bisavoa a cabalo dunha burra, na que ía ata o mercado para vender ou facer trocos co resto da xente. Ela levaba cousas da horta da casa e o de algúns veciños, e traía algo de comida, peixe, aceite, azúcar, cousas que non tiñan na casa. Uns poucos de cartos, animais, uns años, uns cabritos, etc. E algunas cousas máis. Facía arredor de 6, 7 quilómetros a cabalo da burra ata chegar ao mercado, este recorrido facíao una ou dúas veces por semana. Na casa quedaban preocupados, ata que chegara de volta, por temor a que a puideran asaltala. Na aqueles tempos, que nunha casa óuvese unha burra significaba que xa tiñan una posibilidade de saír da aldea.

8
Nome: Ana Romero Rodríguez
Escola: I.E.S Terra de Turonio
Texto:
Esta foto foi feita nas festas patronais de San Cibrán, arredor do ano 1970, nela aparece o meu tío avó, recen chegado de Uruguay, por causa do falecemento do pai en anos anteriores. El tivo que marchar da súa aldea por primeira vez, solo, a un país descoñecido, no que non coñecía a familia que tiña alá, con tan solo 16 anos, cara Uruguay, para facerse cargo do negocio que tiña alá seu pai. El marchou moi disgustado, xa que non coñecía nada fora da súa aldea, e só pensaba en voltar. Cando por fin voltou, foi tanta a morriña que tiña que quixo sacar a hombreiros ao seu patrón, San Ciprián.

9
Nome: Ana Romero Rodríguez
Escola: I.E.S Terra de Turonio
Texto:
Esta foto representa a base da miña historia. Nela aparece miña bisavoa co seu bebé que é miña tía avoa no ano 1959. O meu visa avó tivo que emigrar ao Uruguay na búsqueda dunha vida mellor. Cando as cousas xa lle ían ben, pois xa tiña un negocio propio, mercou os billetes, para levar a súa muller e os seus fillos onda el. Semanas despois enfermou e faleceu. Deixando a miña bisavoa viúva, con dous fillos de 16 e 17 anos e un bebe de 7 meses, e voltou a miseria dun país saído da guerra. Pero como todo pasa por algo, miña avoa caso na terra natal, e grazas a iso estou eu hoxe aquí contando esta miña historia.

11
Nome: Sara Lorenzo Díaz
Escola: IES Alexandre Bóveda
Texto:
As festas populares
O que se ve na fotografía é unha entrega de premios dun campionato de tiro ao prato. Concretamente esta foto foi tirada no ano 1953 nas festas de Ourense. O gañador do primeiro premio foi o meu avó Pepe, que é o terceiro comezando a contar pola dereita. Antigamente nas festas populares a xente reuníase para ir á misa, despois comer xuntos, e pasar a tarde facendo competicións e xogos populares. Xogaban a tira-soga, a rá, aos trompos e outros xogos. Facían competicións de cartas, carreiras de sacos, e neste caso había competicións de tiro ao prato. Despois viña a festa, con orquestras e bailes, e pola noite, na verbena, entregábanse os primeiros premios das competicións da tarde, que é o que se ve na foto. Logo a festa continuaba ata moi tarde.
O que me sorprende da foto é todos os competidores do tiro ao prato son homes, sen ningunha muller participando. Naquelas épocas a cultura que predominaba era moi machista, eran os homes os que participaban nos xogos e nas competicións e as mulleres soamente animaban.

10
Nome: Iria Bea Iglesias
Escola: IES Alexandre Bóveda
Texto:
Nesta fotografía aparece o meu bisavó traballando nos talleres de Renfe, en Vigo, entre os anos 1950 e 1955. O meu bisavó traballaba como mecánico axustador, un labor que hoxe en día está moi automatizado. Levaba a cabo o seu oficio nos talleres de Renfe, en Vigo, hoxe xa desaparecidos, e onde moitos homes conseguiran un posto de traballo debido á necesidade de restauración ferroviaria tras a guerra. Comezou a traballar alí porque a súa muller, a miña bisavoa, non quería ter un esposo que non estivese na casa por estar no mar, xa que el antes era mariñeiro. Non tivo problemas para adaptarse a este posto porque durante a guerra prestara servizo nos estaleiros de Barreras. E así, ao redor do ano 1942 comezou a traballar para Renfe. A Pepe, o meu bisavó, gustáballe moito facer traballos manuais, polo que tiña algunhas ferramentas como as do taller na súa casa, onde según lembra a miña nai, tiña un armario cheo delas. Algo moi útil e necesario naquela época, pois a gran maioría das persoas non tiñan os cartos suficientes para poder mercar cousas novas se algo se rompía, polo que precisaban saber arranxar case todo. Outro dos beneficios que ofrecía o traballo en Renfe era a posibilidade que tiñan os traballadores de vivir nos edificios sindicais da empresa. Pepe vivía alí xunto coa súa muller e fillos e moitas máis familias. As casas estaban preto da estación e a miña avoa xogaba nas vías do tren cos seus irmáns.

12
Nome: Sofia d Azevedo Pitta dos Santos
Escola: EB Montelongo-Fafe
Texto:Abraço em família.
Que saudades eu tenho daqueles dias felizes que eu podia abraçar minha mãe, meu pai e minha irmã até a natureza podia ser abraçada e receber o nosso amor...
Mas agora só podemos admirá-la através da janela, parecemos pássaros que querem voar, mas estão presos na gaiola.
Não podemos mais compartilhar afetos, todos nós estamos distantes uns dos outros, e isso faz ficarmos com saudades e muita tristeza. Mas enfim, quando tudo passar , teremos tanto amor acumulado a ponto de transbordar.

13
Nome: Esther Vicente Rodríguez
Escola: IES Alexandre Bóveda
Texto:
Nesta fotografía está retratada unha parte da familia da miña avoa materna. Nela aparecenos seus pais, os seus irmáns, a súa sobriña e o seu cuñado. Esta imaxe foi tomada hai unssesenta anos, máis concretamente en Sandián, onde residía a familia da miña avoa.Na foto pódese apreciar unha tarefa agrícola, neste caso están debullando as espigas demillo para gardalas no canizo, e así deixalas secar para darlle de comer aos animais quetiñan na casa.Nestas tarefas a colaboración da familia era habitual, aínda que xa non vivan na casafamiliar, tamén se lle prestaba axuda aos veciños na vendima ou na sementeira de diversosalimentos. Estas xuntanzas sempre remataban en pequenos seráns nos que contabancontos en cantigas que axudaban a que a ledicia de todos fora máis grande.

14
Nome: Olivia Carneiro Martínez
Escola: CEIP DA CRUZ - CAMOS
Texto:
Esa e a casa do meu tatarabó,
Chamabase Benito é o home que está no medio. As nenas da dereita chamabanse Gumercinda e Salardina , elas eran as miñas cuartas tías. A que está sentada e a muller de Benito, ela e a visaboa de miña aboa. Os nenos que estaban a esquerda son, Andrés que é o mais pequeño, Elvira a que está detrás de Andrés, e o que ten o lado chamabase Jose. Esta foto fixose en 1929

15
Nome: Noelia Cabaleiro Rodríguez
Escola: IES Pedras Rubias
Texto:
Cando se comezaron a facer os primeiros “botellóns”?
Nesta imaxe de 1961 aparecen un grupo de mozos, entre eles está o meu avó Manuel Cabaleiro e o seu irmán Francisco Cabaleiro (os da dereita de todo), gozando dunha das romarías máis famosas de Salceda de Caselas, a subida ao penedo de San Cibrán. O meu avó cóntame que subían andando ata o penedo, detrás das distintas procesión que o facían dende as parroquias da contorna; ía moita xente, pero sobre todo mozos e mozas. Alí pasaban todo o día. Aproveitando a romaría, os rapaces e rapazas levaban comida, e sobre todo viño branco, viño tinto, augardente, licor café… Tamén había gaiteiros que tocaban e amenizaban a festa e os grupos de mozos e mozas que alí se xuntaban porque daquela aínda non había radios portátiles para que os grupos puidesen escoitar música. Con todo isto os grupos de rapaces e rapazas podían pasalo ben e divertirse, a foto non deixa lugar a dúbidas, e segundo me din tamén sempre había algún mozo que acababa un pouco perxudicado polo viño. E así era como a xuventude se relacionaba entre ela. Agora que o penso, non se vos parece un pouco isto a algo que fai a xuventude de agora? Aí deixo a pregunta.

16
Nome: Noelia Cabaleiro Rodríguez
Escola: IES Pedras Rubias
Texto:
Historias que esconde a emigración
Retrato da miña tataravoa Amalia Núñez no 1924 na Arxentina. Detrás desta foto atópase
unha desas miles de historias de galegos que emigraron para Arxentina. Aínda que a maioría
foron homes escapando da fame, neste caso foi unha muller escapando de algo moito peor, o
rexeitamento social de ser nai solteira. Cando ela contaba con 20 anos vivía en Salceda cos
seus pais e quedou embarazada de solteira. Cando estes o descubriron, botárona da casa
porque ter un fillo de solteira era toda unha deshonra para a familia. Ela marchou a vivir cuns
familiares e, mentres esperaba a ter o fillo, creou un plan: ela marcharía soa para Arxentina,
para gañar diñeiro e, tempo despois, volvería e levaría o seu fillo. Así o fixo, pero cando o seus
pais se decataron foron buscar o seu neto e levárono para a súa casa. Cando o rapaz tiña 8
anos, a súa nai regresou de Arxentina para levalo. Pero encontrou que o rapaz non quería irse
con ela, xa que para el era unha descoñecida e os seus avós tampouco o deixaban irse. Ela soa
e apesarada tivo que volver para Arxentina, lonxe dos seus pais e do seu fillo, pagando por algo
que xamais debería ser delito (ter un fillo de solteira). Pero ao final regresou cando tiña 90
anos grazas ás súas netas que fixeron que ela puidese vir morrer á súa terra que a vira nacer,
xunto coa súa familia.

17
Nome: Noelia Cabaleiro Rodríguez
Escola: IES Pedras Rubias
Texto: O día grande dos mozos e mozas da parroquiasEsta imaxe de 1967 presenta a típica estampa dunha procesión de calquera vila ou parroquia
galega. As mulleres de diante que levan a virxe son a miña avoa Marina Fernández (esquerda)
e a súa irmá Consuelo e os homes de detrás, aínda que non se vexan, son o meu avó Manuel
Rodríguez e o seu irmán Ángel, que ao mesmo tempo era a parella da irmá da miña avoa.
Esta é a procesión da Virxe das Dores en Salvaterra de Miño, que se leva ás costas de catro
homes ou mulleres dende a igrexa ata un cruceiro que hai preto e volta á igrexa. O costume de
levar a imaxe da virxe, que aínda se segue facendo a día de hoxe, faise a maioría das veces por
promesa (como fora o caso de Consuelo que era para que o seu mozo Ángel, que estaba
enfermo, mellorase da súa doenza), e para cumprir a mesma xunto con ela e Ángel pediulle á
miña avoa e ao irmán do seu mozo (o meu avó) que lle axudasen a levar a imaxe. Nesta festa
as roupas que levaban os veciños eran novas e bonitas porque era o momento ideal e
esperado para estrear (quen puidese) algunha prenda que levas tempo desexando usar.

18
Texto:
O soño de voar en avión
Nesta imaxe tomada en Vigo no 1931 aparecen á dereita o meu bisavó e á esquerda o seu
amigo O Rosalino. Nela están nunha especie de foto matón no que se colocaban e lles sacaban
unha foto na suposta avioneta. Este tipo de fotos eran moi solicitadas porque a verdade é que
está ben feita e dá a impresión de que realmente están nun avión. E isto era todo un soño para
calquera persoa, xa que montar en avión, avioneta… era algo só para xente moi rica, e ás veces
nin sequera esa xente o podía permitir. Ademais de ser para gañar diñeiro, estas “campañas”
eran para simular as viaxes a Bos Aires que era algo co que moita xente soñaba en facer por
causa da emigración. Polo que para meu bisavó facer isto era todo un soño, cando realmente,
nin sequera estaba montando nel. Pola contra para nós agora montar en avión é algo común e
máis ou menos asumible, nada que ver co que era antes. Quizais, só quizais algún día as viaxes
espaciais que agora só son un soño para practicamente todo o mundo sexan algo común, e
unha nena coma min, quizais só quizais, colla unha foto dalgún familiar, simulando que vai
nunha viaxe espacial, e faga algo como o que estou a facer que se titule “o soño dunha viaxe
espacial”.

19
Nome: Noelia Cabaleiro Rodríguez
Escola: IES Pedras Rubias
Texto:
Cousas que non pasarían hoxe na escola
Nesta imaxe de 1952 están a miña avoa Amalia Núñez, e a súa irmá Carmen Núñez cando tiñan
10 e 8 anos, respectivamente. A miña avoa é a primeira da segunda fila comezando por arriba
e pola esquerda, e a súa irma é a cuarta da terceira fila empezando por arriba e pola esquerda.
Están diante da escola de Entenza (Salceda), que fora inaugurada en 1932. Esta é unha escola
típica das que había antes, na mesma escola cursaban nenos e nenas, pero non podían estar
xuntos, estaban en clases e plantas separadas; ademais no patio tampouco podían estar
xuntos. As nenas xogaban á xoaniña, á corda, ás agachadas… e os nenos ao marro, ao trompo,
ao fútbol… Os rapaces e rapazas tiñan que ir a clase tanto pola mañá como pola tarde. A miña
avoa tivo sorte porque ela sempre puido ir á escola, pero algúns dos seus compañeiros non
podían ir sempre porque tiñan que axudar na casa ou ir ao xornal para contribuír na casa.
Outra cousa que é distinta con respecto a agora, é que antes só tiñan un libro para todos os
cursos, era un libro chamado Enciclopedia. Neste aspecto estaban mellor que agora que temos
que levar una mochila chea de libros que nos mancan as costas. Pero segundo me conta a
miña avoa, os mestres eran moi duros e puñan castigos físicos, coma pólos de xeonllos e
pegarlle coa regra, cousas que a día de hoxe non serían posibles.

20
Nome: Irea Adriana Alén Fernández
Escola: IES María Casares
Texto:
Competición de Brilé
Esta foto está feita hai uns 58 anos despois dun campionato
de brilé. Unha delas é a miña avoa.Todas elas eran amigos e veciñas da rúa Pedroso de
Pontedeume. Os seus nomes son: Maria Elena ou chepas, María Xesús ou a conoca, Milagritos ou a mamira, Merchi ou codina e por ultimo a miña avoa Maria Herminia ou a coira. Ninguén as adestrou, pero aínda así ían todos os días ao patio da igrexa principal. A máis pequena non tiña a forza para lanzar o balón, pero ella o capturaba e esquivaba. Tamén foron compañeiras de equipo noutros xogos como a corda, escondite, no clavo e na queda. Ás veces tiñan reunións na calzada onde se realizaban comedias. Os seus pais eran mariñeiros, polo que lles prohibían ir á
praia antes do día da Virxe do Carme, xa que ela era quen vendía a auga, pero moitas veces non podían aguantarse e ían antes. A súa escola era a escola nacional da vila, que se chamaba
Agustín Tenreiro. Todos elas aínda están vivas, algunhas viven na Coruña e outras en Pontedeume.

22
Nome: Silvia Seijido Calvo
Escola: CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Texto:
Nesta foto aparecen, de esquerda a dereita, o can Petis, meu avó paterno Ángel (17 anos), miña tía avoa Visita (14 anos), meu tío avó Magín (16 anos), meu tío avó Tomás (1 ano e medio) e meu tío avó Manolo (11 anos). Todos viven. (Son cinco irmáns, os máis novos, xa que na foto non saen os tres máis vellos, pois eran oito en total).
Fixéronlla na súa leira chamada “A Carballeira”, na aldea de Pasarín, no Concello de Aranga (A Coruña). A fotógrafa foi a filla da mestra, que eran veciñas deles. Está tomada despois do traballo da semente do millo. Á casa onde vivían chamábanlle “A casa de Picado”.
Maio de 1962.

21
Nome: Valeria Alén Fernandez
Escola: CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal
Texto:
Día na praia de Cabanas
Como todos os anos, Mary Carmen, Fina e Chirslena foran a Pontedeume para pasar as súas vacacións dende París. Todos os anos, volveron moi felices e cando era hora de volver a París saían moi tristes. Esta foto foi tomada nunha praia chamada Cabañas, en Pontedeume, hai uns 51 anos. As mozas nin querían quedarse a vivir en Pontedeume nin querían quedar a vivir en París. Finalmente, viviron ata os 25 e 30 anos en París, pero despois de morrer o pai, foron a vivir a Pontedeume. Dous delas están mortos, só un conserva a vida e vive en Pontedeume, polo que vai todos os veráns na praia nesta foto, a praia de cabanas. Nos, inda sguimos indo en veran a esa praia.

23
Nome: Anaís Cornado Montoto
Escola: IES Marco do Camballón
Texto:
Esta fotografía foi sacada o trece de marzo do ano mil novecentos cincuenta e seis. Foi tomada no medio do entroido, nunha rúa do pobo de Merza,Vila de Cruces. Nela aparece Jesús Cornado Alonso. Nesa fotografía apreciase un home subido nun cabalo vestido de xeneral, unha persoaxe típica do entroido da comarca do Deza. Esas persoaxes son as protagonistas do entroido, no cal dan os altos dos xenerais que é unha representación dun enfrontamento dialogado entre duas persoas, no que fan burla de persoeiros políticos e asuntos locais. Eses atranques están recitados en forma de copla. Relacionase co patrimonio cultural porque estas persoaxes son típicas do entroido desta zona de Galiza e agora estase a perder esta tradición, máis a forma de facer os traxes e case a mesma que a de antes, eses traxes confecciónanse a man e son moi delicados, non se poden mollar xa que o sombreiro ten plumas de pavo real. O traxe hai que facelo a medida, e costa demasiado para facer un para cada ano, entón hai unha asociación, o vello dos cornos, que presta eses traxes a xente que queira participar indo de xeneral.

24
Nome: Patricia Morales Maus
Escola: CEIP Portovello
Texto:
Onde está tomada a foto?En Alemaña, nunha fábrica de electrodomésticos, na parte de cableado.Quen aparecen nela?Aparece a miña tía Julia, que é a que ten as gafas, e unha compañeira súa do traballo.Data aproximada.1964 .Explicación do que se ve.Na fotografía vese a dúas señoras traballando nunha fábrica de electrodomésticos, no sitiode cableado. A fábrica está situada en Alemaña, porque tivo que emigrar.

25
Nome: Patricia Morales Maus
Escola: CEIP Portovello
Texto:
A fotografía está tomada de camiño a festa que se levaba na Saínza. A persoa que aparecena foto é a miña avoa Rosa, que tiña 16 anos, e data no ano 1964.O que podemos observar na imaxe é como se movía a xente menor idade para poder asistiras festas que tiñan lugar na Saínza.

26
Nome: Patricia Morales Maus
Escola: CEIP Portovello
Texto:
A fotografía está tomada preto da casa do meu avó Lisardo.Na foto aparecen tres persoas, os dous que están aos lados son amigos de meu avó, e oque está no medio e encima da Vespa é o meu avó.O motivo que está tomada a foto é o máis normal, sucedeu un domingo coma outrocalquera cando saía cos seus amigos a dar unha volta pola Praza Maior de Xinzo de Limia.A data na que se tomou foi no ano 1964.

27
Nome: Patricia Morales Maus
Escola: CEIP Portovello
Texto:
A fotografía está tomada en Alemaña, no ano 1963.As persoas que aparecen na fotografía son compañeiros de traballo de miña tía Julia, quetamén se atopa na foto, e é a que está sinalada cunha pequena frecha. Esa frecha está ahíporque esa fotografía mandárona por correo ata Galicia a súa familia.O motivo polo cal se tomou esta fotografía foi porque a compañía de electrodomésticos paraa que ían a traballar, organizou unha especie de excursión para que coñeceran a zona polaque ían a estar unha longa tempada, xa que tivo que emigrar a Alemaña para podertraballar

28
Nome: Patricia Morales Maus
Escola: CEIP Portovello
Texto:
A fotografía está tomada na Saínza, no ano 1968. As persoas que aparecen na fotografía son amigas da miña avoa e tamén sale a miña avoa na foto, que é a que vai completamente de negro e está subida ao carro.O motivo polo cal se tomou esta fotografía foi no momento no cal, ela e máis as súas amigas, chegaron a festa que se celebraba na Saínza que era unha festa bastante importante naquela época e a que asistía moita xente.

29
Nome: Raquel Pereira Beade
Escola: IES Francisco Aguiar
Texto:
Nesta foto, que data aproximadamente de 1946, podemos ver ao meu avó e aos seus compañeiros realizando o Servizo Militar en Ceuta. Desta foto non temos moita información, xa que meu avó morreu hai máis de 30 anos e aos seus fillos non se ocurreu preguntar anécdotas relacionadas con esta etapa e eu, por desgraza, non cheguei a coñecelo

30
Nome: Raquel Pereira Beade
Escola: IES Francisco Aguiar
Texto:
Esta foto remóntase a unha das típicas xiras aos Caneiros, festa tradicional da comarca de Betanzos, datada arredor de 1970. É unha foto tomada durante a devandita festa no campo dos Caneiros, que aínda que se localiza no concello de Coirós, pertence a Betanzos. Na mesma, aparece un grupo de amigos de Tiobre e Velouzás, o da boina de cuadros, é o meu tío Moncho.

31
Nome: Raquel Pereira Beade
Escola: IES Francisco Aguiar
Texto:
Nesta imaxe, aparece un grupo de nenos, todos primos, (entre eles o meu tío Moncho, o do xersei escuro) xogando a pescar (xa que ás veces atopábase algunha anguía) e remar nun lavadeiro. Este, foi construído polo meu avó Manolo, para que as veciñas máis próximas poideran lavar a roupa. Para facelo, aproveitou un regato pequeno de regar os prados e unha fonte que había próxima no medio do monte.

32
Nome: Natalia Bouzada Charlín
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Esta é a miña imaxe para o concurso “As imaxes do patrimonio”. Trata dunha imaxe da fin de obra do Parador Nacional do Albariño de Cambados no ano 1966. A inauguración foi o 22 de Xuño de 1966 e costou 15.000.000 de pesetas. Na imaxe vense aos traballadores. Entre eles meu bisavó, Benigno Argibay Fernández, que é o home da esquerda de todo, ten unha boina negra e está de pé. Meu bisavó era capataz de obra, que era o encargado dos obreiros. Tamén era canteiro, mariñeiro e agricultor. Foi un dos primeiros que plantou albariño en Cambados e ía traballar todos os días ao mar. A miña avoa traballou moitos anos no parador de limpiadora e contoume que estiveron alí persoas con bastante importancia como Castro Viejo, Álvaro Cunqueiro, Estela de Perón , Don Juan de Borbón (pai de Juan Carlos I) e ata estivo alí o expresidente de Francia Charles de Gaulle. As camareiras e as traballadoras do parador servían á xente importante con guantes blancos e traxe rexional. Contoume que foi a comer alí a muller de franco coas suas amigas, e que mentres limpaban o salón de súpeto apareceu Franco pola porta. Nos primeiros anos, iba moita xente a desayunar e a tomar algo, tiñan calefacción e televisión, naqueles tempos non todos se podían permitir esos luxos.

33
Nome: Aitor Otero Álvarez
Escola: IES Francisco Asorey (Cambados)
Texto:
Esta foto é do ano 1929. Aparece o pai de meu avó materno. O meu bisavó é o home que está na fila de abaixo, o segundo posto empezando pola dereita. Esta foto foi tomada en Ceuta, onde o meu bisavó, (ao que lle chamaban “Pepe da Fonte”) fixo a mili entre os anos 1929-1931. Nesta foto ten 20 anos. Meu bisavó tivo moita sorte porque un dos seus amigos tamén lle tocou facer a mili na mesma data, entón xa fixeron a viaxe xuntos e xa estiveron xuntos toda a mili. Esta foto fou feita cando chegaron a Ceuta, despois dunha viaxe moi longa en tren ata Alxeciras e ter que cruzar o estreito de Xibraltar nunha barcaza. Toda unha vivencia para un rapaz que nunca saíra da súa aldea en Padrenda (Meaño, Pontevedra)

34
Nome: Julia Boullosa Álvarez
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Eses camiños de terra con pedras mesturadas, cheos de milleiros de pisadas que marcan unha historia certa, unha dirección, e mesmo lembranzas que alumean vivenzas esquencidas. Aquelas pequenas edificacións de pedra que se divisan ao lonxe......Unha nena pequena coa súa irmá, aínda máis pequena ollan cara ó fronte, cara o futuro que as seguirá observando dende o lonxano tempo. Esa nena pequena é a miña avoa, unha das mellores persoas que me rodean, e cuxo pasado cheo de vida inspira no meu interior un gran salouco de tremenda e profunda admiración. Pois sí, esa é miña avoa, que tan só con sete anos olla o seu futuro sen esquencer o seu presente, tiña pouca vida vivida pero intensa, e moitas aventuras que a agardarían expectantes aos poucos anos, cando tomara a decisión da súa vida e marchara cara á Alemaña emigrante coma moitos outos. Daquela , era unha nena afortunada, cunha familia que a quería e recordos que gardaría no profundo do seu corazón, os seus avós emigraran á Arxentina, e vivía nunha casa cunha horta que coidaba todos os días xunto cos animais que tiñan, vacas, porquiños, galiñas e coellos...Naquel 1956 non había iogures, os bocadillos eran de pan e os queixos facíanse na casa,o pan de trigo facíase nun forno de pedra que segue a conservarse, ao igual que se matába o porco. Súa nai camiñaba ata Pontevedra dende Curro pra vender, e os coches non se vían tan sinxelamente; todas as mañás escoitaba o carrillo de verduras procedente de Corón ás 4 da mañá, xunto co galo que canta aínda hoxe todos os días. No momento da toma desta instantánea, tería pouco máis de sete aniños, e os ollos brilantes de expectantes ansias de vivir. É unha época dura, marcada por unha dictadura que acouga todo desexo e atisbo de liberdade, e onde os malos momentos podían agocharse nun sorriso sen nada valioso que regalar pero moito cariño que demostrar, unha época onde as bonecas eran case un luxo. Miña avoa tivo unha, pero o mesmo o día que lla deron rematou no estómago dun porco do que miña avoa acordaríase ben despois do desgusto que lle provocou. En fin unha vida de traballo duro grazas á cal estamos hoxe aquí e desfrutamos dos luxos que nos rodean, por que se non fora por todos eles, os nosos maiores, a vida, prométovolo, non sería a mesma.

35
Nome: Marcos Boullosa Álvarez
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Nesta foto podemos ver a un home vestido de militar posando rexo, coa súa arma. Este home é o meu bisavó, Hermelindo Álvarez Alonso, e esta foto data do ano 1941, en plena segunda guerra mundial. Podería resultar estraño ver a un español nese conflito bélico, no que aparentemente eramos un país non belixerante. Aínda así, si que houbo grupos de españois que participaron activamente nesta guerra, o meu bisavó foi un de eles, un dos 47000 soldados que loitaron na división azul. Este grupo de ¨voluntarios¨, e recalco voluntarios, xa que moitos de eses homes, entre eles o meu bisavó, foron obrigados a ir por destacar como soldados, foron a Rusia, a loitar contra o comunismo. Ou iso se dicía, porque realmente, detrás de eses discursos, escondíanse as ansias de poder de Adolf Hitler. Na foto pódense deducir moitas máis cousas, pero o que esta claro é que observamos a un home que parte a una guerra que no é súa, a morrer se fai falta. O meu bisavó tivo a suficiente sorte como para que a metralla o ferira nun ombreiro, sin matalo, pero deixándolle unha ferida o suficientemente grande como para que retornara a España, para fuxir dese inferno. Aínda así, sempre viviría ferido, xa non so polas secuelas físicas no brazo, senón tamén polas feridas interiores, esas que nunca cerran.

36
Nome: Lucía Boullosa Álvarez
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Un febreiro distinto ao que eu recordaba, un ano diferente as miñas lembranzas, un 1968 frío e emigrante do meu pasado. As miñas compañeiras enchían o baleiro que deixaba algún que outro sentimento de morriña cara ao noso….A miña terra estaba lonxe, unha Alemaña dos anos 70 abrazábame e aloumiñaba os meus sentidos, as cadeas na fábrica, a residencia, marcaba os meus pasos cara un futuro mellor.
Eu tiña 20 anos, varios trens dende Vigo, pasando por Madrid, leváronme cara un presente incerto pero seguro. Cos meus permisos e contrato entrei na habitación desa residencia, eu entrei deixando o meu corazón aberto a novas experiencias, ás apertas das miñas amigas, a risas interminables, a choros, ao botar de menos.. Pero sobre todo a loita por ser mellor, por progresar e por vivir, por vivir sendo independente e feliz.
Varios anos despois doume conta do que aquela experiencia me deixou… Está é a miña avoa, Lucía, unha muller loitadora, un referente na miña vida (a dos brazos levantados). Aquela Alemaña descoñecida mudou en vida, en amor, en ledicia e ilusión….Anos despois, xa na súa terra natal, pode dicir que esa parte do seu corazón que antes estaba baleira, agora rebosa do que ela verdadeiramente é. Benditos anos 70….

37
Nome: Marta Leiro Costa
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Panadería de Anita, Cambados. Corrían os anos 40, tempos de posguerra, de fame, escasez e cartillas de racionamento. A imaxe mostra a miña bisaboa, Anita, pesando as pezas de pan feitas no vello forno de leña, o mesmo que coceu pan ata ben entrados os noventa. Alí traballou o meu avó Luís dende neno, que se ocupaba do reparto das bólas polas parroquias. Primeiro cun pioneiro carrillo motorizado e máis tarde na lexendaria furgoneta Citroën. A panadería de Anita acadou unha gran sona entre os clientes, que cada mañá acudían o lugar en busca dun pan como os que xa non quedan. Inda hoxe a lembranza do seu sabor é gardada con agarimo por moitos cambadeses.

38
Nome: Marta Leiro Costa
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Sastrería de Sergio, anos 50, Cambados. Daquela non se ía ás tendas a mercar os pantalóns nin as chaquetas. Facíanse en lugares como os que mostra a imaxe, onde o meu bisavó (tras a máquina) e a miña avoa e tío avó (sentados a ambos lados) pasaban os días cosendo para o sustento da casa. A sastrería de Sergio convertiuse, ademais, nun pequeño refuxio para a intelectualidade da vila naqueles anos escuros. Alí, en Fefiñáns, facían tertulia, entre outros, o poeta Ramón Cabanillas, que acabou sendo amigo da familia Vázquez-Casáis, coa que compartiu conversa en algunha que outra taza de caldo. Na imaxe, de pé, sae o seu fillo, que mantivo a tradición de ir á de Sergio –por certo, nome moi pouco común naquela época- para botar unha parrafada xunto a persoeiros destacados na vila. Antonio Magariños –que acabaría dando nome ao primeiro colexio de Cambados- frecuentaba tamén o lugar, xunto con Isidoro Millán e o Padre Crespo.

39
Nome: Marta Leiro Costa
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Estampa familiar de principios dos anos 20. A imaxe recolle a típica fotografía de estudo que se facía a principios do século XX, cando poñerse tras a cámara era todo un acontecemento digno de vestir as mellores galas. De pé, á esquerda, está a miña bisavoa Benita, con 16 anos. No centro a súa nai Carmela e, á dereita, a segunda das fillas, Beatriz, un nome pouco común naquel tempo, que acabou herdando a miña nai. A fotografía serve para deixar constancia do xeito de vestir e peinarse dunha xeración na que as mulleres tiñan moito terreo por conquistar.

40
Nome: Marta Leiro Costa
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
O día de Reis de finais dos anos 60 un cabaliño de cartón e un cochiño eran os protagonistas na vida de dous nenos que paseaban os seus agasallos polo paseo da Calzada de Cambados. A miña tía Pilar aínda retén na memoria o bolsiño que loce orgullosa na fotografía e que usou durante anos para “xogar ás casiñas”, nun tempo no que os nenos aínda se xuntaban nas rúas para pasar tardes enteiras entre bonecas, canicas e un balón.

41
Nome: Marta Leiro Costa
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Esta imaxe recolle o equipo do Club Juventud de Cambados no ano 1963, no que debutou o me avó Luís Costa (primeiro pola esquerda). O Cambados militaba naquel tempo na categoría “Rías Bajas” (actual liga Autonómica) e adestraba e competía no campo da Mercede, hoxe ocupado por un bloque de vivendas. O Juventud enchía o graderío, nunhas tardes nas que o fútbol e o cine eran case as únicas distraccións. Meu avó, alias Bañón, ten parado moitos balóns baixo os paus da que chamaban portería de San Benito, porque tras dela podían verse os dous campanarios da igrexa de Fefiñáns.

42
Nome: Marta Leiro Costa
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Bordando coas salesianas a principios dos anos 50, en Cambados. A miña avoa e tía avoa
(terceira pola dereita e segunda pola esquerda, respectivamente) foron das moitas rapazas
que pasaron a súa adolescencia na escola das salesianas. Entre outras cousas, aprendían a
coser e a bordar, labores que daquela considerábanse básicas na formación das mulleres. A
miña avoa lembraba esta época con cariño porque, segundo contaba, as clases coas monxas lle permitían socializar con outras rapazas e saír da rutina. Na imaxe amosan orgullosas un mantel ou labor similar co gallo dun festival.

43-1
Nome: Aroa Morrazo Constantino
Escola: IES Francisco Asorey
Texto: Esta voda xurdiu no ano 1969, co casamento de dous amigos da miña avoa. Nas vodas de antes, o mozo tíñalle que pedir a man da maoz ao seu futuro sogro. Nesta voda, a miña avoa foi un dos testemuños. Eu notei bastante cambio nos peiteados que levaban estas mulleres na voda. Son bastante distintos ao que levamos nós hoxe en día, aínda que vou dicir que a miña avoa era unha das mellores peiteadas desta fotografía, incluso para o meu gusto e baixo a miña opinión ela vai mellor peiteada que a noiva e hai algunhas que xa nin se peitearon. Hoxe en día nas vodas a xente acostuma a peitearse moito, con recollidos, ondas... E na roupa, que vou dicir da roupa, era bastante sinxela para ir de voda, supoño que naquela época era o que se levaba. O que máis me chama a atención é o vestido que leva a noiva, porque daquela estaba mal visto que se levaron os brazo ao aire e escote, e na vestimenta no noivo eu non vexo tanta diferenza, unicamente os zapatos de charol.

44
Nome: Natalia Bouzada Charlín
Escola: IES Francisco Asorey
Texto:
Esta é miña imaxe para o concurso "As imaxes do patrimonio". Trata dunha imaxe da fin de obra do Parador Nacional do Albariño de Cambados no ano 1966. Vense na imaxe aos traballadores e entre eles o meu bisavó, Benigno. Algo que me chamou a atención é que hay rapaces xovenciños, pero claro, eran outros tempos.

45
Nome: Samuel González Villabrille
Escola: IES Fontem Albei ( A Fonsagrada, Lugo)
Texto:
Ano 1965. Festas de Vilanova de Oscos ( Asturias). Na foto vese a meu avó Belisario,participando nos xogos tradicionais para nenos e adultos que se facían antes nas festas.Tiñan que ir a cabalo ou bicicleta,e coller unha cinta que estaba enganchada nun carretecun pau.Nesa festa, foi él o gañador. O premio foron 50 pesetas (30 céntimos de hoxe), que era oequivalente a un xornal da época.Antes as festas facianse polo día, empezaban coa misa, sesión vermouth con baile.Despois de comer facían xogos e xa volvia a orquesta e o baile.

46
Nome: Carmen Méndez Díaz
Escola:
Texto: IES Fontem Albei ( A Fonsagrada, Lugo)
Esta fotografía está tomada no ano 1960 en Bustelo de Murias, Negueira de Muñiz.Na fotografía aparecen tres persoas que son o meu bisavó, a miña bisavoa e a miña tataravoa. A miña tataravoa viste de negro porque o seu marido morreu é como era unha tradición ou unha norma naquela época vestía de negro.Na foto pódese apreciar que levan na mau millo, o cual seguramente estarían sacando as follas.Esta fotografía seguramente foi tomada por algún famialir que veu de fóra de Galicia porque nesa casa naquela época non había cámaras.

47
Nome: Raquel Pereira Beade
Escola: IES Francisco Aguiar
Texto:
Esta foto remóntase a 1970, nunha das típicas xiras aos Caneiros, unha romeiría tradicional da comarca de Betanzos que se celebra os días 18 e 25 de agosto. Os maiores da miña aldea comentaban que ían aos Caneiros do 25 para aproveitar as sobras da comida dunha romeiría que se celebraba na parroquia de San Martiño de Tiobre, o San Paio, que tiña a capilla a uns metros da igrexa parroquial e que se celebraba o día previo aos devanditos Caneiros. O campo dos Caneiros está localizado no concello de Coirós, mais pertence a Betanzos. Meu tío Moncho, o da boina a cuadros, e o seu grupo (amigos de Tiobre e Velouzás), foron a esta festa á plancha (viñan pesqueiros de Sada que paraban en Betanzos a recoller a xente e, a cambio de cartos, subíannos en barcos ao campo da festa). O viño, como podemos observar no rapaz da esquerda, levávase en botas de coiro.

48
Nome: Carmen Méndez Díaz
Escola:
Texto: IES Fontem Albei ( A Fonsagrada, Lugo)
Esta fotografía está tomada no ano 1960 en Bustelo de Murias, Negueira de Muñiz.Na fotografía aparecen tres persoas que son o meu bisavó, a miña bisavoa e a miña tataravoa. A miña tataravoa viste de negro porque o seu marido morreu é como era unha tradición ou unha norma naquela época vestía de negro.Na foto pódese apreciar que levan na mau millo, o cual seguramente estarían sacando as follas.Esta fotografía seguramente foi tomada por algún famialir que veu de fóra de Galicia porque nesa casa naquela época non había cámaras.

49
Nome: Nerea Alonso Rodríguez
Escola: IES Terra de Turonio (Gondomar)
Texto:
Nesta fotografía de 1924 aparece o meu tataravó José González, tamén coñecido como `O Fogueteiro´ debido a que era o propietario dunha piroctenia localizada nun monte de Couso denominado As Serqueiras, acompañado por dous dos seus fillos e algúns veciños na realización dunha das actividades típicas do campo nesa época, a mallada do trigo. Esta actividade levábase a cabo da seguinte maneira: primeiro cultivaban o trigo para despois recollelo e pólo a secar para así, por último, mallalo coa axuda dunha máquina, a cal non todos tiñan, senón que só había uns cantos homes que a posuían e polo tanto encargábanse de levala nun tractor a aquelas casas onde a necesitaban.Normalmente apañábanse grandes cantidades de trigo para así sustentar aos animais durante todo un ano. Ademais, tamén era costume que, xunto coa recollida deste cereal tamén se colleran outros, como por exemplo o millo, grazas ao cal se facían as típicas bolas de pan.

50
Nome: Nerea Alonso Rodríguez
Escola: IES Terra de Turonio (Gondomar)
Texto:
Por último, nesta outra imaxe de 1948 pódese observar como o meu bisavó seguiu practicando esta tarefa varios anos despois, xa que nela aparece el subido nunha meda, que é unha morea de palla, cereal… que se fai arredor dun pau despois da sega, na compaña dos seus sobriños Manolo, Pepe e Luís.

51
Nome: Rafaela Gomes Teles
Escola:Escola Básica e Secundaria de Sobreira
Texto:
Nesta fotografia está um grupo de trabalhadores do campo em França, e nela está presente
o meu trisavô com amigos e vizinhos dele, durante a guerra de 1914 e 1918. Ele chama-se
Antonio Rodrigues, e é a terceira pessoa da fila que está de pé. Durante a guerra ia muita
gente para os campos de batalha, e fazia falta gente para trabalhar na agricultura e na
industria.
Esta foto foi usada como carta, e no seu verso ele pedia para dar noticias sobre o que se
estava a passar com a família. Aqui nesta carta encontram-se muitos erros ortográficos, mas
mesmo assim o meu bisavô tinha muito orgulho nela. Isto porque o pai dele sabia ler e
escrever, o que era uma coisa muito rara naquela altura, principalmente para quem vivia da
agricultura.
Foi com esta foto que eu fiquei a conhecer mais sobre a vida dele e também dessa época.

52
Nome: Rafael Santos Domínguez
Escola: CEIP Plurilíngüe Barrié de la Maza (Santa Comba)
Texto:
Nesta foto aparece o meu tataravó Modesto. Foi sacada sobre o ano 1930, na feira de Santa Comba. O meu tataravó era tratante de ganado. Ademais de ter o valor de ser a única foto que temos do meu tataravó, tamén se pode ver unha imaxe da feira, lugar de tantos encontros e negocios para a xente naquela época.

55
Nome: Irene Rial González
Escola: IES Terra de Turonio
Texto:
Esta imaxe é sacada no ano 1960, no barrio de brandufe en Vincios. Na foto saen apoiadas nunha moto vespa, miña avoa Rosa co seu vestido branco e cas súas amigas, unha delas chamábase Albina que iba cun vestido branco a cadros, e outra delas chamase Estrella cun vestido negro xa que estaba de loito pola morte da súa avoa. As tres estaban dando un paseo pola estrada cando decidiron sacarse a foto, detrás delas estaba o baile das “Jateñas”. Naquela época según me di miña avoa non ian todos os domingos o baile, ian un domingo si e un domingo non, cando non ian daban paseos pola estrada de Vincios. Os vestidos que levaban era a forma de vestir dos anos 60, eran feitos por elas mesmas, menos no caso da miña avoa que llo fixo a súa amiga Albina, que era unha moi boa costureira a pesar de que lle faltaba una perna dun accidente cando era nena. Cando ian o baile lles gustaba moito bailar ca orquestra de Juanito que era de Valladares, bailaban paso dobres, xotas, muiñeiras según fora o día.
Esta imaxe está sacada no ano 1960, no barrio de Brandufe, en Vincios ( Gondomar, Galiza ). Na foto están apoiadas nunha moto Vespa, miña avoa Rosa co seu vestido branco e coas súas amigas, unha delas chamábase Albina, que ía cun vestido branco a cadros. Outra delas chámase Estrella, cun vestido negro xa que estaba de loito pola morte da súa avoa. As tres estaban dando un paseo pola estrada cando decidiron sacar a foto. Detrás delas estaba o baile das “Jateñas”. Naquela época, segundo me di miña avoa, non ían todos os domingos ao baile, ían un domingo si e un domingo non. Cando non ían, daban paseos pola estrada de Vincios.
Os vestidos que levaban era a forma de vestir dos anos 60, eran feitos por elas mesmas, menos no caso da miña avoa que llo fixo a súa amiga Albina, que era unha moi boa costureira a pesar de que lle faltaba una perna dun accidente cando era nena. Cando ían ao baile, gustáballes moito bailar coa orquestra de Juanito, que era de Valadares ( Vigo ), bailaban pasodobres, xotas, muiñeiras... segundo fora o día.

53
Nome: Rafael Santos Domínguez
Escola: CEIP Plurilíngüe Barrié de la Maza (Santa Comba)
Texto:
Nesta foto aparece a miña tataravoa Manuela, cos seus fillos Che e Manuel, (o meu bisavó), a súa nora Lola e o neto. Foi sacada en Cuiña, un lugar do Concello de Mazaricos, sobre o ano 1955. Esta foto foi un dos poucos recordos que trouxo o meu bisavó cando casou. A miña avoa pensa que sacarían esta foto para mandarlle o meu tataravó que estaba emigrado. Gústame moito esta foto, e o feito de que aparezan o gato e o can mostra a importancia que tiñan para a familia estes animais.

54
Nome: Rafael Santos Domínguez
Escola: CEIP Plurilíngüe Barrié de la Maza (Santa Comba)
Texto:
Nesta foto aparece a miña avoa Lola e o seu irmán Pepe. Foi sacada un día cando ían para a escola, no lugar de Cuiña, no Concello de Mazaricos, no ano 1967. Conta a miña avoa que a ela lle gustaba moito ir a escola, pero non sempre a deixaban ir, porque tiña que traballar na casa ou ir levar as vacas. Por eso moitos días cando tiña que levar as vacas ía correndo todo o que podía para que lle dera tempo de ir a escola por a tarde.

56
Nome: Sofía González Vila
Escola: IES Terra de Turonio
Texto:
Unha fotografía en branco e negro
Esta fotografía foi tomada arredor do ano 60. Como se contempla nela, é unha paisaxe de montaña cun conxunto de árbores cara o fondo, e a xente está sentada nas rochas. Nela tamén se mira como a miña avoa Rosa, o meu avó Néstor, e entre os seus amigos desa época, Amalia, Enrique, Mérita, Domingos, entre moitos outros, estaban merendando na Virxe da Roca, en Baiona. Esta romaría ten lugar o último domingo de agosto.
Por outra parte, tamén pode observarse como naquela época as mulleres soamente vestían saias ou vestidos e os homes ían moi traxeados. O día parece que é bastante soleado, xa que van con camisetas de manga curta, con saias por riba do xeonllo, e as mulleres tamén levaban unha pañoleta por riba da cabeza para protexerse do sol. Podemos apreciar como a xente estase rindo, iso demostra a felicidade e a alegría que sentían nese momento.

58
Nome: Jacobo Touza Marzoa
Escola: CEP. Sabarís (Baiona)
Texto:
Texto:
Alumnas de distintos grados na Escola Nacional de Maside – Ourense.
Esta foto é de 1.952. Nela aparecen catro alumnas sentadas no pupitre da Escola esperando á nova clase coa proferora. Abaixo á esquerda a miña avoa Luz, á dereita miña tía avoa Rosa, detrás aparecen dúas amigas compañeiras do colexio (Mariluz e Elisa).

59
Nome: Yasmín Fernández Dacosta
Escola: CEP. Sabarís (Baiona)
Texto:
A DESPEDIDA DE CASILDA LOMBA ANO 1.959
Nesta foto está miña avoa Puri e as súas amigas da clase de 3º do Colexio Nacional de Gondomar. Están celebrando a xubilación da súa mestra Casilda Lomba. Foron cear todas xuntas a Casa Aquilino. Miña avoa Puri di que Casilda Lomba era unha boa mestra mellor persoa. Para despedila regaláronlle entre todas unha bandexa de plata e un ramo de flores. Cando se xubilou marchou para A Guarda.

69-1
Nome: Gala Carrascal Arranz
Escola: CEP. Sabarís (Baiona)
Texto:
Fotografía tirada en Marín (Pontevedra) na mesma casa onde naceu. Ano da imaxe: 1967. A miña bisavóa Mela ten na actualidade 91 anos de idade. Nesta imaxe podémola ver enriba do seu coche. Encantáballe conducir, e tamén xogar ao golf, pintar. E amaba aos animais.

73
Nome: Gerardo Álvarez
Escola: CEP. Sabarís (Baiona)
Texto:
Esta foto foi tomada no ano 1920 no xardín da casa familiar dos meus tataravós en Santiago de Compostela.
Nela aparecen os meus tataravós Eduardo e Mercedes

74
Nome: Leo Cabral
Escola: CEP. Sabarís (Baiona)
Texto:
Puntadas nas redes. Redes que acompañan os mariñeiros todos os días. As redeiras invisibles, remendando rotos con axilidade e perfección...toda unha arte ver o manexo da agulla ao bailar coas redes.
Redeira, atadeira oa profesión da miña avóa. A artrosis das suas mans o confirman, anos traballando coas redes molladas, posturas difíciles , movementos de agulla infinitos nas horas....
Foto do ano 1957 na Praia de Santa Marta. Apreciase a o fondo a capilla que da o nome. A muller da dereita ea miña avoa Pilar Fernández coñecida por Lara. Ela e atadeira de profesión.

76
Nome: Lara Cabral
Escola: CEP. Sabarís (Baiona)
Texto:
Playa da Concheira 1947.Foto familiar de José Manuel Fernández y María Consolación Alar con 5 dos seus 7 fillos: Lolo, Suso, Concha, Remedios e Pilar (Lara).As duas fillas que faltan na foto emigraron a Buenos Aires a traballar e ali afincaron a suas vidas.

79
Nome: Inês Eiras, 7.º A
Escola: Escola Básica e Secundária de Muralhas do Minho, (Valença)
Texto:
Esta fotografia foi tirada na Praça da República, em Valença, no dia 13 de maio de 1951. Quem está na foto é uma senhora chamada Angelina Aires e uma amiga. É a Festa das Flores, que ainda hoje se organiza. As ruas eram decoradas com tapetes de flores.

80
Nome: Mariana Carneiro, 7.º A
Escola: Escola Básica e Secundária de Muralhas do Minho, (Valença)
Texto:
Quem aparece: José Rodrigues e José Avelino, a segurar o arco e Fátima, dentro do arco.Onde foi tirada: ao lado da Capela do Senhor da Boa Morte, em Verdoejo.Data aproximada: 1969Descrição: na fotografia, vê-se todo o grupo representativo do lugar da Igreja, transportando as ofertas do povo do respetivo lugar. Todas as ofertas eram leiloadas neste dia, para angariação de fundos para a construção da residência do pároco da freguesia de Verdoejo.

81
Nome: Joana Rodrigues, 7.º A
Escola: Escola Básica e Secundária de Muralhas do Minho, (Valença)
Texto:
Data aproximada:1951 Onde foi tirada: Nos serões da aldeia, num cortejo.Quem aparece: Branca Morgado, a minha avó.Descrição: A minha avó está vestida com um trajo típico da freguesia de Friestas da época de 1950. Foi tirada na festa da freguesia no dia 30 de agosto de 1951, num cortejo da festa.De uma forma genérica, o trajeàlavradeira era a roupa que as mulheres que tra-balhavam no campo usavam nas suas tarefas diárias e nos dias de festa e de roma-ria.O traje distinguia-se segundo a idade da senhora, o estado civil e o estatuto social.

82
Nome: Lucas Buceta Rodríguez
Escola: IES Valadares
Texto:
Na fotografía aparece o meu avó José Manuel (o porteiro do equipo, co tradicional balón de coiro entre as mans), cos seus demais compañeiros do F. C. Valadares daquela tempada, no ano 1969. Adestrados naquel momento por Antón Lasheras, defensa do Real Club Celta de Vigo que se retirara do fútbol profesional nese mesmo ano, aínda que ese ano non conseguiron nada si tiveron éxito algúns anos máis tarde, cando gañaron a liga comarcal na tempada 1971/72.

88
Teléfono: 886 11 10 60
Nome: Martín Abalde González
Escola: IES Valadares
Texto:
Fotografía tomada o 9 de abril de 1965 e na que aparece, de pé e á esquerda, o meu avó Agustín, xunto con outros compañeiros – todos eles con uniforme oficial – da chamada “mili”, o servizo militar obrigatorio que, entre 1943 e 1968, tiña unha duración de dous anos. Tras uns meses de servizo en Barreiro, na cidade de Vigo, o meu avó foi destinado á provincia de Lugo, onde rematou o devandito servizo militar, sendo habitual que os recrutas foran destinados nalgunha localidade fóra da súa vila natal.

89
Nome: Martín Abalde González
Escola: IES Valadares
Texto:
Fotografía sacada no mes de xuño de 1960, na parroquia oiense de Mougás, onde se celebraba un curro ou rapa das bestas, evento de carácter gandeiro consistente no apresamento temporal dos cabalos que pacían ceibes polo monte para o seu desparasitado e marcado. Tratábase dun festexo moi concorrido, de marcado carácter popular e ao que acudía xente de moitos lugares alén do propio Mougás, como era o caso do concello de Vigo, que incluso habilitaba autobuses de liña – como o da fotografía – para que os interesados puideran acudir ao curro. Neste caso concreto aparece o meu avó, o rapaz da última ringleira que saca a cabeza pola ventá, momentos antes de iniciar o regreso a Vigo e coincidindo co que parece ser unha roda pinchada, que está a ser arranxada polo condutor.

90
Nome: Greta García Salgueiro
Escola: IES Valadares
Texto:
Esta cómica fotografía sacouse no ano 1969 e nela aparece o meu avó Marcelino, de pé á esquerda e “armado” cun coitelo, a piques de lle cortar o pelo ao seu curmán Juan, sentado e berrando polo que lle ían a facer despois do tempo e do esforzo que lle levara ter o pelo longo e xusto cando comezaba a estar de moda llelo cortaron xa que tiña que comezar o servizo militar obrigatorio, a “mili”, que naquela época duraba ano e medio e á que debían acudir co pelo curto ou totalmente rapado. Afortunadamente para o curmán Juan, el non tivo que pasar todo o tempo na mili xa que, xusto cando estaba facéndoa, baixaron outros tres meses da súa duración, polo que só estivo quince meses de “mili”. O meu propio avó Marcelino fixéraa xa previamente a “mili”, na división de Mariña por mor do resultado dun sorteo e o que puido desembocar en varios problemas posto que o meu avó non sabía nada na época, o que resulta bastante gracioso tendo en conta o corpo do exército no que fixo finalmente o seu servizo militar.

92
Nome: Irene Hermida Alonso
Escola: IES Valadares
Texto:
Esta fotografía sacouse nunha solleira tarde de sábado do ano 1964 e nela aparecen o meu bisavó Álvaro e a miña avoa Fita, aínda cando era unha cativa, nun intre desa tarde na que saíran a pasear, aproveitando a fin de semana e o bo tempo. Algo – os paseos familiares – que aínda podían facer daquela xa que, tempo despois, os meus bisavós chegaron a ter ata 11 fillos – unha cifra nada estraña na época pero que xeraba moitas dificultades para facer saídas familiares –. En canto á situación da fotografía, trátase dunha rúa do centro da cidade de Vigo, da que lle contaba moitas historias o meu bisavó á miña avoa.

91
Nome: Irene Hermida Alonso
Escola: IES Valadares
Texto:
Esta fotografía sacouse nas festas da – daquela xa – parroquia viguesa de Santa Cristina de Lavadores, que fora un concello independente ata comezos do século XX. Nótese ao fondo a igrexa da parroquia, que aínda se conserva na actualidade. Na fronte da fotografía aparecen os meus bisavós – Pilar e José – cando aínda non casaran e estaban a mocear, xuntándose nas festas con outras amizades desa parroquia, de onde era miña bisavoa, para xantar, pasalo ben e bailar, aproveitando o bo día que facía. Igualmente, os meus bisavós aproveitaban esa ocasión para verse e organizar as súas próximas citas, que moitas veces coincidían coas distintas festas de verán, ás que a xente acudía coas súas mellores roupas e que combinaban o carácter relixioso – coas misas e procesións – e o festivo – cos bailes nos torreiros –.

93
Nome: Irene Hermida Alonso
Escola: IES Valadares
Texto:
Esta fotografía sacouse no ano 1961 e nela aparecen os meus bisavós – Álvaro e Isabel –, xunto coas súas dúas fillas daquela, Isabel e Fita (a miña avoa). Detrás pódense albiscar os muros de pedra dunha igrexa. Trátase da igrexa de Santa María de Castrelos, parroquia viguesa da que era procedente a miña bisavoa e á que aforan nesa ocasión co motivo dun casamento, como se pode intuír polas roupas dos retratados, empregándose habitualmente as mellores roupas que se tiñan para ocasións e celebracións como eran as vodas. Neste caso concreto e despois da cerimonia relixiosa, a familia xuntouse na casa da miña bisavoa para facer unha pequena comida – nada que ver cos banquetes que se fan hoxe en día! – aínda que sempre co carácter festivo e trouleiro que caracterizan a todas as vodas.

95
Nome: Mateo Ramilo Piñeiro
Escola: IES Valadares
Texto:
Nesta fotografía, aparece no primeiro plano, a miña bisavoa Consuelo. Atópase na casa dunha veciña (coñecida como Mercedes “de Regueiro”, que aparece por detrás) na parroquia de Vilar de Outeiro en Santiago de Compostela, aproximadamente no ano 1954.
Están fiando liño, e para isto utilizan a roca e o fuso. Ambas están suxeitando a roca cunha man mentres van tirando do liño coa outra de maneira que se vai transformando en fíos que se van enrolando no fuso.
Miña avoa contoume que na época as teceduras de liño tiñan unha gran importancia e que despois do fiado, levaban o liño ás tecedoras para facer mantas, sabas, ou pezas grandes de tela para confeccionar camisas ou calzoncillos para os homes. Estas tecedoras estaban noutra aldea (Marantes) a 8 km da sua casa, e iban ata alí camiñando co liño nunhas cestas na cabeza. Deixábano alí e pasado un tempo, ían recoller os tecidos.

94
Nome: Noa Salgueiro Ramilo
Escola: IES Valadares
Texto:
Esta fotografía sacouse no ano 1955 e correspóndese cun retrato escolar do meu avó materno – o cativo no medio da fotografía, contando no momento da fotografía arredor de cinco anos –, acompañado dos seus irmáns e compañeiros na escola, Luís e Rodolfo Ramilo Iglesias. Ámbolos tres acudiron á escola unitaria Igrexa-Cavadón, unha das varias existentes na parroquia viguesa de Valadares. Igual que agora, nesa época á escola dábaselle tamén unha grande importancia á hora de estudar para aspirar a un mellor futuro, se ben as condicións económicas das familias dificultaban na maioría dos casos que os fillos puideran continuar os estudos máis alá da súa formación básica. Tamén eran moitos máis alumnos, cunha cifra superior aos 100 alumnos e incluso cun horario escolar nocturno, ao que acudían menos alumnos, arredor de 25.
O meu avó contoume tamén que, dependendo do mestre, había máis ou menos castigos leves, que ían desde a “tomatina” – pegarche no cú cunha vara – ata o “allo” – pegarche cunha vara nos dedos da man –. Aínda así, as falcatruadas eran bastante comúns e o meu contoume que, por exemplo un día, un rapaz, como o profesor non lle deixaba ir ao retrete, mexou nos tinteiros, xa que daquela se escribía con pluma, deixando un cheiro horrible.

97
Nome: Izar Lago
Escola: IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
. Lugar: Praia de Anido (Muros)
. Data : 1962
. Empezando pola dereita aparecen miña bisavoa Modesta, María de Martínez e os fillos e Pepa da Lerexa.
. Están mariscando na Praia de Anido , por detrás vese a ponte dos Muíños.

96
Nome: Xoel Ferreira Gil
Escola: IES Valadares
Texto:
A fotografía data do ano 1968 e nela aparece a miña bisavoa Carmén, na finca da casa familiar, cunha egua chamada Luna. Tamén pódese ver no chan a leña que recollían nos campos comunais do monte e detrás, un canastro feito en 1935 e que aínda conservamos na casa. Ese canastro, a miña bisavoa utilizábao para gardar todo o que sementaba no campo, como patacas, cebolas ou as espigas de millo, que lle servían para dar de comer aos animais ou, unha vez debulladas, para facer fariña e pan de milo. Amais, a miña bisavoa tamén salgaba os xurelos na casa, nese mesmo canastro. Un perfecto exemplo da ampla utilidade dada aos mesmos utensilios na autosuficiente vida dos labregos galegos de antano.

98
Nome: Jesús Lema
Escola:IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
• Lugar: Dársena de Muros
• Data: Marzo de 1956
• Nome das persoas: Carmen Lourido (avoa) e o seu primo José Mª Fernández.
• Descrición da imaxe: un mozo e unha moza sorrín para unha foto nunha motocicleta.

99
Nome: Jesús Lema
Escola:IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
• Lugar: Cociña dun barco.
• Data: 1965 aproximadamente
• Nome das persoas: Manuel Rodríguez Caamaño/avó (esquerda) e Pepe do Maio (centro)
• Descrición da imaxe: nunha sobremesa, tres compañeiros de traballo toman un descanso despois da xornada. Falan mentres toman unhas cuncas de viño e comen uns poucos percebes.

100
Nome: Joaquina Fernádez
Escola: IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
Lugar: Bar Escocia (Muros).
Data: 1956.
Nome das persoas : Fernando, América, Manolo do carocho, Joaquina da Monxa (miña avoa).
Descrición: en grupo de persoas están nun bar chamado Escocia celebrando as festas do Carme dese ano.

101
Nome: Manuel Sanchéz
Escola: IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
A foto foi tomada na porta da igrexa de Muros no ano 1965.
Na fotografía saen os meus avós: Juan Lojo Formoso e María Lago Fiúza.
A imaxe é dun día de festa.

102
Nome: Manuel Sánchez
Escola: IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
A foto foi tomada na avenida Castelao (Muros) nos anos 60.
Na fotografía saen: Juan Lojo, Manuel Varela, Antonio Bazarra, José María Monteagudo, Manuel Parada, Padre Leonardo...
A imaxe é dun día de Corpus durante a procesión.

104
Nome: Miguel León
Escola: IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
LUGAR: Serres (Muros).
DATA: 1967.
NOME: Socorro, Ramona, Regina, Concha, María José, Manuela, María, Martina, María.
DESCRIPCIÓN: Grupo de mulleres que ían aprender a coser.

105
Nome: Raúl París
Escola: IES Plurilingüe Fontexería (Muros)
Texto:
Lugar: Muros de San Pedro (Curro da Praza).
Data: 29 Xuño de 1965.
Nomes: Felipe Lago Santiago, Bernardo Luces Waldomar, Juan Luces Waldomar, Pedro Luces Lago, José María Lestón Luces.
Descrición: Reunión de familiares nas festas de San Pedro de Muros.