EOI Vilagarcía para o Día Mundial da Radio 2023

Radio Maré para o Día da Radio!

O programa 5 de /Preamar/, un podcast elaborado de xeito autónomo polo alumnado da EOI na nosa Radio Maré, a radio da biblioteca escolar, para conmemorar a 12ª edición do Día Mundial da Radio.

Nesta quinta emisión, o programa /Preamar/ trata a temática do patrimonio cultural do Véneto, mediante música, humor e unha entrevista a Roberta Maschi, docente italiana da nosa escola, sobre a lingua Véneta.

Además de Roberta Maschi, participan o alumno Marcos Vence (entrevistador e técnico de mezcla) e o alumno Victorio Domínquez (locutor e presentador do programa).
– Inclúe cancións de Radiosboro, Il Veneto Imbruttito e Rumatera, con
permiso dos autores.
– Música de fondo de King Canyon (Biblioteca de YouTube).
– Efectos sonoros de Pixabay.