Outono de Patrimonio no IES Poeta Añón de Outes

Actividades cara aos Días do Patrimonio e do Patrimonio Inmaterial.

Promovidas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e polos departamentos de Historia, Música, Galego e Educación Plástica, no IES Poeta Añón, en Outes, realizaron varias iniciativas pedagóxicas durante este Outono de Patrimonio.

Na galería adxunta podemos ver unha serie fotográfica onde se recollen varias das actividades:
– Unha mostra de elementos patrimoniais do concello, elaborada por alumnado de 1º da ESO.
– Un acto simbólico que consistiu en elaborar unha cápsula do tempo sobre Patrimonio Cultural Inmaterial, que foi soterrada no patio da escola.

Outono de Patrimonio no IES Poeta Añón de Outes