Podcasts gañadores do III Certame Escolar Internacional Xosé Mosquera Pérez

ACTA DO XURADO DO III CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCASTS XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, “O VELLO DOS CONTOS”

Descargar Acta

O xurado do III Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, reuniuse virtualmente para valorar os podcasts e os relatos radiofónicos enviados polos máis de trinta centros participantes nesta terceira edición. Este certame, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, conta tamén coa colaboración da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo (cuxo alumnado crea as pezas únicas que reciben os/as finalistas), a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, Radio Galicia – Cadena Ser, o Museo do Pobo Galgeo, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia. O xurado, logo de valorar os 65 podcats enviados polos 32 centros educativos que se presentaron ao certame e de compartir opinións acerca dos extraordinarios traballos recibidos, acordou por unanimidade, en concordancia coas bases do concurso, declarar finalistas os seguintes traballos en cadansúa categoría

FINALISTAS NA CATEGORÍA DE PRIMARIA:

Mestre Manuel García. “Vibrando con Xela”.

Mestre Valverde Mayo. “Lembranzas no café de Sarria”

CPI Plurilingüe José García. “A desorde de Xela”

CEIP Santo Tomé: “As que viaxan co tempo”.

CEIP Xoaquín Loriga: “Festa da palabra”.

CEIP Raíña Fabiola: “Nai”.

CEIP O Coto. “A fala”

FINALISTAS NA CATEGORÍA DE SECUNDARIA:

IES Fontexería: “Xela nas ondas”.

IES A Basella: “Xela Arias”.

CPI Virxe da Saleta, “Sweet Xela”.

IES A Sangriña: “Sinxelamente Xela”.

IES de Arzúa: “Reinterpretando a Xela”.

IES Eduardo Pondal: “Escoitando a Sara”.

IES Pedras Rubias, “Falámosvos a vós, NAIS. E a ti, XELA.”

O xurado tamén decidiu por unanimidade outorgarlle un premio especial ao podcast titulado “Xela”, realizado polo alumnado do CEE Saladino Cortizo de Vigo.

Logo de destacar a alta participación no certame e o extraordinario nivel dos traballos realizados e valorar o esforzo do alumnado e do profesorado, acorda convidar os centros finalistas ao acto de entrega de premios que se vai realizar o vindeiro venres, 11 de xuño, ás 12.30 horas, no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e a todos os participantes a visitar a web do certame www.ovellodoscontos.gal onde se publicarán os traballos finalistas desta edición.