Peneiramos as pezas sobre este tempo de cacharelas nas radios escolares.

Especial “Festexamos a noite de San Xoán”, en Radio Balea, do CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños)
Lenda do San Xoán, unha peza da emisora do Equipo de Normalización Lingüística do IES Pintor Colmeiro (Silleda)
O refrán máis coñecido
Len para nós desde o CEIP Nicolás del Rio (Cedeira)
Meigas fóra
Alumnado do CEIP O Grupo (Ribeira) leva ás ondas o libro de Ramón D.Veiga. Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas decidiron rematar coas envexas e as porfías dos seus mandatarios. Desde entón viven felices en Feira, onde cada 23 de xuño a súa cacharela refulxe coma ningunha outra.
San Xoán nas Ondas!
E xa que estamos, un espazo que non fala propiamente desta data, pero ao que si lle dá nome o “San Xoán”, este “San Xoán nas Ondas!”, convidámosvos a escoitar o traballo da emisora escolar do CEIP San Xoán de Filgueira (Ferrol). Aquí un exemplo, o programa dedicado a Luísa Villalta.
