Desde Bandeira, o alumnado de Radio Garabullo aos micrófonos.
“Falamos da IA, do bo e do malo. Tentamos entender o que era un prompt, e que non toda a información que temos é verdadeira. Decidimos abrir chat GPT e pedímoslle, do xeito máis educado que nos axudara a crear unha escaleta para un programa de radio sobre a IA feito polo alumnado de 5º. Chat GPT suxeriunos unha idea, entre todos o adaptamos para cada un dos alumnos. Todos e todas querían participar e finalmente sorteamos aos locutores e locutoras. Este foi o resultado”.

