Escola Infantil de Taboexa (As Neves) para o Día Mundial da Radio 2025

Recados da Moura para o Día da Radio!

Cóntanos Karina Mouriño desde a EEI de Taboexa: “Mouri é un monicreque, filla da Moura de Taboexa (aquí está viva a lenda) que vive no cole dende porque quere xogar coas crianzas e aprender as letras, pero de cando en vez bota en falta á súa nai e á súa vida no monte e marcha, así temos que ir na súa procura e para iso percorremos os preciosos recunchos da Aba Sur do Monte Sanomedio (según algúns o Monte Medulio), petróglifos, muíños, fontes, camiños curutos…. A gravación é da artista sonora Anne Lepere que nos agasallou coa súa visita.”

Convidámosvos a visitar o blog da escola: Recados da Moura