Radio APAMPDA celebra o 25 aniversario do Taller de Encadernación

O extraordinario traballo da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP), con sede en Vigo, inclúe desde a súa inauguración, aló na altura de 1977, numerosísimas actividades e múltiples e relevantes fitos históricos no seu incansable labor.

Como parte das súas actividades en prol do desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, a eles e ás súas familias, e facilitando oportunidades para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade, manteñen tamén desde hai tempo unha activa emisora, Radio APAMPDA, que amplifica e difunde o se traballo.

No seu recente programa número 45 podemos escoitar unha entrevista a Isa e Berta, que forman parte do obradoiro de encadernación desde os seus inicios, e a Diego, responsable actual dun taller que cumpre xa o seu 25 aniversario. Parabéns!