Xogando en familia no CEIP San Ramón

Así de ben o pasaron neste centro escolar de Moeche cadrando coas Letras Galegas.

Toda a comunidade educativa aproveitou tamén para un festexo cheo de xogos populares e tradicionais: docentes, pais e nais e mesmo algún avó e avoa se uniron ao alumnado do colexio nesta oportunidade baixo o lema Ponte… a xogar!