Desde Pontedeume, o alumnado de Lorolareto aos micrófonos.
“A rapazada de 6º de primaria elaborou e gravou para celebrar o Día Mundial da Radio, co lema proposto dende a UNESCO: “A IA é unha ferramenta, non unha voz”. O alumnado tiña moito interese de entrevistar a un actor de dobraxe, despois de pescudar sobre a problemática da Intelixencia artificial e os actores e actrices de dobraxe; polo que xurdiu a idea de poder facerlle unha entrevista a Damián Alonso, actor consolidado como actor de dobraxe e moi coñecido xa polo alumnado”.
https://biblioandrade.blogspot.com/2026/02/dia-mundial-da-radio-2026.html

