Certames de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

  • Portuguese, Portugal
  • Galego

Ponte… nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital. Para esta actividade é imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado.

Como novidade, na cuarta edición incluíuse unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.

Preme nas imaxes ou nas ligazóns para acceder ás fotografías premiadas e participantes en cada unha das edicións.