Desde o IES A Sangriña (A Guarda), novidades radiofónicas.
O coordinador da radio do instituto, Kike Estévez, docente de lingua galega e portuguesa no centro, cóntanos das máis recentes creacións da moi activa emisora escolar Radio Trega.
Alumnado de 2ºESO AB, 2º ESO CD e 3º ESO AC gravou o programa “Além do Minho”, que aquí podedes escoitar. Participaron tamén no programa a leitora de portugués e alumnado lusófono de Portugal e Brasil que está no centro.
Aproveitamos para recomendarvos outros recentes programas de Radio Trega:
Monótono Fungar (3º ESO CD)
Canta O Trega (3º ESOB)
As pedras que falan (3ºESO A)
Ao carón do Lume (2º ESO AB)