Emitindo desde o CEIP Ramón de Valenzuela (A Bandeira).
Coñecemos un pouco máis sobre a emisora desta escola, Radio Garabullo. No seu espazo en Ivoox podedes escoitar un feixe de traballos do alumnado. Aquí vos achegamos un par deles:
“Que é un crebacabezas? Cal é o seu comezo? Que tipos de crebacabezas podemos atopar? O alumnado de alternativa de 3º investigou sobre o tema e decidiu facer un pequeno podcast con todo o que averiguaron. Escoitade!!”
“O pasado 1 de abril celebramos o “Día das Artes Galegas” e os compañeiros e compañeiras de 6º estiveron investigando e creando materiais para conmemorar esta data con todos nós. Polo momento comezamos con este podcast presentado por Bruno e Samuel”.
E nesta ligazón podedes ver e escoitar o que nos conta o alumnado sobre a propia emisora aproveitando o convite de Braulio Bolechas desde a TVG: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/os-bolechas-ix-os-bolechas-no-cole-4838413?t=287