CEIP A Cristina (Carballo) para o Día Mundial da Radio 2022


“Dende o ano pasado temos a sorte de contar na nosa escola cunha radio e como o vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio gravamos para a ocasión uns podcasts co alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

As alumnas e alumnos de 3º gravaron os contos da Rata Luisa e os de 4º fixéronlle unha entrevista á mestra Sonia sobre unha das súas paixóns: a música tradicional.

Esperamos que desfrutedes tanto escoitándoos como nós o fixemos preparándoos e gravándoos!”.