CEIP M. Villar Paramá (A Estrada) para o Día Mundial da Radio 2023

Desde Radio Estrada para o Día da Radio!

Traballo realizado polos alumnos e alumnas de 5° de primaria, na asignatura de Proxecto competencial. Este ano no Ceip M. Villar Paramá, todo está centrado nun proxecto anual chamado “De cabaleir@s e bestas”, ambientado no medievo de Galicia. Por iso decidimos crear esta historia, nela cítanse personaxes e figuras lendarias galegas como o gatipedro, Tardo, a coca de redondela, Maria Castaña e o xograr Meendinho. Unha forma máis de difundir a nosa cultura e patrimonio a través do podcast e a radio!