“Como sabedes a nosa radio escolar funciona dende hai 30 anos e de xeito diario de luns a venres no ratiño do recreo. Do mesmo xeito aproveitamos este recurso para que sexa o propio alumnado, neste caso o de 6º E.P o que pon a música de entradas e saídas. Este curso por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, tivemos que reaxustar os agrupamentos e adaptar o espazo pero, temos a sorte de poder seguir disfrutando dela tódolos dias e de forma satisfactoria co seu resultado”.
Así nolo contan e aquí nos deixan a ligazón da sección de radio na web da escola, onde se amosa todo o traballo que se está a realizar no centro coa axuda de todo o profesorado e alumnado.
Ademais, tamén nos achegan ligazón ao blogue conxunto coa biblioteca onde van colgando as recomendación literarias que se fan dende a radio, unha vez ao mes, o top 10 de cancións adicadas polo alumnado e os gañadores/*as do sorteo de dedicatorias.