CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo) para o Día Mundial da Radio 2023

Programa especial de Radio Ramalloseir@s para o Día Mundial da Radio dedicado á paz.

Titulado “Especial Día da Paz”, o programa gravado polos profes Manuel e Óscar, co alumnado de 4ºA de Primaria, con motivo da conmemoración desta efeméride. “O 30 de xaneiro celebramos a importancia da paz no mundo, pero tamén incidimos noutros aspectos educativos relacionados con esta temática. Aspectos como a tolerancia, a empatía e o respecto e axuda aos nosos semellantes. Desta volta queremos dar conta tamén de persoeiros cruciais na procura da paz e nos motivos e circunstancias que propiciaron esta efeméride a nivel mundial”.

Actividade encadrada dentro do “Proxecto de Radio Escolar” do centro e vinculada aos diferentes equipos docentes; EDLG, Biblioteca escolar, TIC´s, Extraescolares, Convivencia,… Aquí podemos escoitala!