ESPECIAL 1
IES Politécnico (Vigo)
(64 fotos e ducias de podcasts, 4 deles a concurso, e un vídeo conxunto)
Todo o material dispoñible aquí:
https://aluzdacandeira.wixsite.com/–luz-da-candeira
Descrición
“Á luz da Candeira é un proxecto escolar ao abeiro dos Plans Proxecta ofertados pola Consellería de Educación que foi desenvolvido no IES Politécnico de Vigo durante o curso 2023/24 nas aulas de Lingua e Literatura Galega de 1º ESOA+B, mais ao que tamén se sumaron no seu proceso as aulas de 1º BACH B+C e de 2º BACH A. Este proxecto naceu co obxectivo da creación dun proceso de participación da Comunidade Escolar no coñecemento, conservación e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial galego; sendo un dos 20 centros de toda Galicia seleccionado (das máis de 40 solicitudes) este curso para integrase na Rede de Centros “Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) ”.
Así pois, o IES Politécnico de Vigo impulsou, coordinou e organizou o proxecto Á luz da Candeira, co obxectivo primordial de traballar co alumnado os valores relacionados coa conciencia de coñecemento, recollida e posta en valor do noso patrimonio cultural inmaterial; que se canalizaron a través de distintos medios, como foron a emisora escolar ou a creación dunha web coa información recollida. Desta maneira, este proxecto centrouse especialmente nos ámbitos da tradición oral e a fotografía antiga; pois, por unha banda, parte do alumnado participou nun proceso de recollida, transcrición e difusión dun repertorio de tradicións orais (contos, cantigas, adiviñas…) transmitidas polas súas familias durante o Nadal de 2023; e, por outra banda, outra parte do alumnado realizou unha recolla de fotografías antigas na súa contorna máis próxima, coas que se traballou tanto a expresión escrita (coa redacción de textos descritivos), como a expresión oral (coa creación de podcasts sobre as fotografías). Finalmente, co material recibido creouse a web na que se actualmente se pode acceder a 152 traballos, entre os que hai 54 recollidas de diferentes tradicións orais, e mais 60 fotografías anteriores a 1970, acompañadas maioría do seu texto descritivo e mais de 38 audios asociados, nos que se dá unha explicación das imaxes referidas. Ademais, como punto final, creáronse tamén 4 podcasts radiofónicos sobre 4 das fotografías recollidas polo alumnado.
A seguir, vai un pequeno resumo das actividades realizadas ao longo do curso:
1. Actividades desenvolvidas ao abeiro do programa
• Aulas maxistrais sobre o patrimonio cultural inmaterial galego, para alumnado de 1o ESO (outubro 2023-marzo 2024)
• Aulas maxistrais sobre a tradición oral galega e a súa recollida, para o alumnado de 1o ESO (outubro 2023-decembro 2023)
• Recollida de tradicións orais polo alumnado no ámbito familiar (Nadal 2023-204)
o Documento de recollida Nadal 2023: o atraparregueifas
o Traballo Nadal 2023 1o ESO
o Traballo Nadal 2023 1o BACH
o Traballo Nadal 2023 2o BACH
• Visionado de exemplos e posterior debate no ámbito da recollida de tradicións orais ou no da creación audiovisual patrimonial, ben sexa na aula de referencia do alumnado ou ben no Salón de Actos (xaneiro-xuño 2024).
• Recollida de fotografías por parte do alumnado ás súas familias para presentar ao VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas (Nadal 2023 / marzo-abril 2024)
• Creación dunha web que inclúa toda a información recollida durante o proxecto (xaneiro 2024)
• Creación dunha canle de Ivoox para albergar os podcasts para presentar no VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas (maio 2024)
• Realización de programas de radio, relacionados coas recollas feitas polo alumnado para presentar ao VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas (maio 2024)
• Participación no VII Certame das Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas (fotografía e podcasts, maio – xuño 2024)
2. Ligazóns ás actividades realizadas durante o curso 2023-2024
• As imaxes do patrimonio (programa completo) (podcast): https://www.ivoox.com/a-luz-da-candeira-as-imaxes-do-patrimonio-audios-mp3_rf_128698518_1.html
• Á luz da Candeira: 1: A orquestra “Os Lorenzos” (9/5/2024) (podcast):
https://www.ivoox.com/a-luz-da-candeira-1-a-orquestra-os-audios-mp3_rf_128698603_1.html
• Á luz da Candeira 2: A pesca da quenlla no Porto de Vigo (9/5/2024) (podcast):
https://www.ivoox.com/a-luz-da-candeira-2-a-pesca-da-audios-mp3_rf_128698667_1.html
• Á luz da Candeira 3: A emigración a Alemaña (9/5/2024) (podcast):
https://www.ivoox.com/a-luz-da-candeira-3-a-emigracion-a-audios-mp3_rf_128698762_1.html
• Á luz da Candeira 4: A romaría de Vilamaior (9/5/2024) (podcast): https://www.ivoox.com/a-luz-da-candeira-4-a-romaria-de-audios-mp3_rf_128698890_1.html
• As imaxes do patrimonio (vídeo):
https://drive.google.com/file/d/1blQaax1qXLgg7HkGidmgwkZWM6LXYOzo/view?usp=sharing
————————————————————————————————————————
————————————————————————————————————————
ESPECIAL 2
Agrupamento de Escolas de Monção
Imagens de atividades realizadas no Agrupamento de Escolas de Monção pelas crianças da educação pré-escolar de Cortes e Mazedo.
4 arquivos:
• Tradições de Monção, Folclore, trajes, música e cantares
• Sobremesas Tradicionais Mazedo
————————————————————————————————————————
————————————————————————————————————————
ESPECIAL 3
CPI Luís Díaz Moreno (Baralla)
Programa gravado con avós e avoas
Dentro da programación escolar e da participación en diversos programa e plans da Consellaría de Educación a aula de 3º e 4º de Primaria deste centro prepararon un estudo acompañado de recollida de datos, especies vexetais e costumes xunto coas gravacións do seu entorno familiar, especialmente de avós e avoas. Participaron todos os alumnos e alumnas (15) ben individualmente, ou en grupos nun máximo de 3 compoñentes.
O programa especial de Radio Ponte nas Ondas, emitido en Radio As Nogais e en SiRadio de Galicia na comarca dos Ancares a través da rede pode escoitarse aquí.
https://www.ivoox.com/podcast-ponte-nas-ondas-30-xuno-2024_sq_f12452753_1.html
*De xeito específico, o apartado sobre o patrimonio inmaterial comeza no 36’30” e remata no 53’30”
Tamén está dispoñible en Youtube
https://www.youtube.com/watch?v=gmBiXmpQgN8
————————————————————————————————————————
————————————————————————————————————————
ESPECIAL 4
IES de Ponte Caldelas
Alén das imaxes enviadas ao certame convencional, envían o texto e o traballo plástico realizado para presentar ao premio especial do Certame de Imaxes do Patrimonio en Ponte nas Ondas. Forma parte do “Proxecto Comunidade” deste curso:
“Participamos os departamentos de Plástica, Tecnoloxía, Xeografía e Historia e Lingua Galega. Realizamos traballos de investigación a través de entrevistas entre familias e veciños para posteriormente realizar traballo creativo en plástica e dixitalización. Pod-cast, imaxes, vídeos, PDF, todo este traballo deste curso está recollido na web que nos representa”
https://isabeltorres.jimdofree.com/proxecto-comunidade-2023-24/
Tamén resumo nestes dous arquivos:
• Texto traballo plástico
• Traballo plástico
————————————————————————————————————————
————————————————————————————————————————
ESPECIAL 5
CEP Carlos Casares de Alxén
Así nolo contan:
“O proxecto deste ano do noso centro, xira arredor dos xogos tradicionais e pasatempos dos nosos ancestros. Leva por título “Lerias e enredos doutro tempo” e, como xa é tradición, pedimos a colaboración do alumnado e das súas familias para conseguir xogos e xoguetes de antes de 1990 para a nosa exposición.
Coseguimos de todo, xogos de mesa, educativos, bonecos, tradicionais e electrónicos. O que máis chamou a atención foi o recanto adicado ao mundo das Barbies e o adicado ás videoconsolas, onde puidemos ver a evolución das coñecidas videoconsolas Playstation, dende a primeira que se fabricou ata a Playstation 5, derradeira en saír ao mercado.
Ademáis, este ano, no canto de unha, tivemos dúas exposicións. Puidemos contar coa colaboración de Pepe López e o seu colega Manolo García, grandes estudosos dos xogos tradicionais, para montar, na biblioteca unha segunda exposición, “Xoguetes Esquecidos” adicada aos xoguetes confeccionados con materias naturais, bugallos, cunchas, pólas….”
Aquí os textos e imaxes:
https://1drv.ms/f/s!AvmPWwQEBqTbaYPWt5BU86TE0bI?e=zQpcVy
Máis información na web do cole
————————————————————————————————————————
————————————————————————————————————————
ESPECIAL 6
CEIP de San Ramón (Moeche)
Radio 23: Feira do 23 de abril de Moeche. Alumnos: Asier, Valeria, Martín e Efren
https://www.ivoox.com/player_ej_127778757_6_1.html?c1=5d8e8e
Podcast sobre o Xeoparque Cabo Ortegal. Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com/2024/02/podcast-sobre-o-xeoparque-cabo-ortegal.html
