Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas

Coñecemos Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas coincidindo co recente Día Mundial da Radio 2021. Este foi o primeiro dunha serie de podcasts que o IES de Porto do Son publicou do 11 ao 24 de febreiro, nun proxecto interdisciplinario de Lingua Galega e Matemáticas para conmemorar o Día da Muller e da Nena da Ciencia e o Día de Rosalía.

É resultado do traballo co alumnado de 3ºde ESO D. Cóntanos a profesora Sonia Ces: “Partimos da estrela Rosalía para poñer en valor as mulleres científicas e o uso da lingua galega para comunicar ciencia”.

Achégannos agora o resto dos programas. Aquí podemos gozar deles!

Aglaonike de Tesalia

Teano de Crotona

Annie Jump Cannon e as astrónomas de Harvard

O 24 de febreiro, peche coa astrónoma galega Antonia Ferrín

Aquí o blog de Onda Perveira, a radio do IES de Porto do Son.