De volta con Radio Athenea!


Viaxamos de novo a Tui.

E mirade canto levan traballado no CEIP Nº1 de Tui na súa emisora A Voz de Athenea.

Aquí temos algúns programas novos que escoitamos:

‘Alissa Carson e o seu soño de viaxar a Marte’, un audio gravado polos nenos e nenas de 6º de educación infantil A no ámbito do club de letras, despois de investigar sobre Alissa Carson.

E ‘Os Sembranca’. Conto gravado por rapaces e rapazas de 4º, relacionado co ODS número 16: Paz, Xustiza e Institucións Sólidas.