De volta en Radio Vedra!


O CPI Plurilingüe de Vedra acóllenos para outro obradoiro de radio escolar.

Contámosvos de paso que a escola foi gañadora en 2020, no apartado de Educación Secundaria, do I Concurso de Podcast – Radio na Biblio. Foi co traballo titulado “Os xenerais”, onde se recolle a experiencia de representar no centro o entroido tradicional da Ulla, e que podedes escoitar aquí.

O podcast recolle o proceso de preparación do entroido, coa colaboración das familias contando a súa experiencia e ensinando ao alumnado o contexto e a historia deste particular entroido. O alumnado foi quen de gravar testemuños, facelo guión, elaborar e gravar as locucións e editar o arquivo sonoro, e mesmo preparouse e gravouse un tema tradicional para engadir ao podcast como música de fondo.