Radio Ramalloseir@s é un proxecto iniciado no curso escolar 2020_21 no CEIP da Ramallosa (Teo), adicado á realización de obradoiros de radio, teatro radiofónico, dobraxe, edición e gravación de música e vídeo…
Desde a súa creación mantén unha intensa e innovadora actividade. Hoxe convidámosvos a escoitar toda unha superprodución de radioteatro argallada desde as aulas desta escola: ‘Destino escuro’ é unha serie de ficción producida e protagonizada polo alumnado de 6ºB do CEIP da Ramallosa. Na actividade colaboran os diferentes equipos docentes do centro: Bibliotecas Escolares, EDLG, TICs…
Dirección: Xurxo Barcala
Co-dirección: Óscar Suárez