Día da Muller 2024

Achegamos algunhas propostas das radios escolares para esta efeméride.

As alumnas de 3º de primaria do CEIP Alborada (A Coruña) fixeron un Pasapalabra para conmemorar o 8M Día da Muller Traballadora, A ver cantas sodes capaces de respostar?

Por outro lado, desde o CPI A Xunqueira (Fene), AXunqueiraRadio convídanos a escoitar este programa especial elaborado pola clase de cuarto de primaria.

E desde o CEIP O Cruce (Cerceda), este programa especial no que entrevistan a dúas mulleres de Cerceda para poñer en contraste o tempo pasado co presente e “aprender e reflexionar sobre as cousas nas que avanzamos e as que nos quedan por avanzar”.