Libros nas Ondas é o proxecto do Servizo de Biblioteca e Recursos desta Escola Oficial de Idiomas.
Este proxecto de Biblioteca, titulado Libros nas ondas, conta cunha canle de Radio en ivoox chamada tamén Radio nas Ondas, nas ondas da radio, nas ondas do mar de Arousa e nas boas ondas que traian máis usuarios á biblio e máis á EOI.
Nese camiño un grupo de alumnas e alumnos este ano decidiron abrir un programa “O Tupper”, porque no tupper cabe todo – e xa levan dúas emisións. Nel producen en multilingüe, nas linguas meta da EOI máis en galego como lingua nai.